Saltar ao contido

Utebo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaUtebo
Imaxe

Localización
Mapa
 41°42′51″N 0°59′40″O / 41.7141, -0.9944
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza Editar o valor en Wikidata
CapitalUtebo Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación18.955 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.053,06 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie18 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude207 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataMiguel Carmelo Dalmau Blanco (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50180 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE50272 Editar o valor en Wikidata

Páxina webayto-utebo.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454602

Utebo é un concello da provincia de Zaragoza. Situado a 12 km da capital, con 16.966 habitantes, de xeito que é así a terceira poboación da provincia, tan só superada por Zaragoza e Calatayud, e unha das maiores de Aragón.

Situación xeográfica

[editar | editar a fonte]

A súa poboación atópase repartida en tres núcleos de poboación: Casco Antigo, El Monte (zona desenvolvida a partir da década dos 40 do pasado século) e o Barrio de Malpica (limítrofe co barrio rural de Casetas pertencente a Zaragoza). A poboación sitúase na marxe dereita do río Ebro. O termo municipal é practicamente chairo e o 67% da extensión pertence a terras de cultivo, das que o 70% delas son de regadío fornecidas polas canles de rega do Ebro, do Jalón e o Canle Imperial de Aragón.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución da poboación desde 1910 ata 2006

1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2001 2006

1.799 2.184 2.373 2.397 2.677 3.281 4.107 5.691 7.766 9.075 11.896 14.920


Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa parroquial da nosa Señora da Asunción, construída en dúas fases, a primeira no século XVI en estilo gótico-mudéxar e a segunda durante o século XVIII xa en estilo barroco. Conta cunha bela torre mudéxar (denominada Torre de los Espejos, polos seus enfeites de cerámica con máis de 8000 azulexos), que está representada no Pobo Español de Barcelona. O retablo maior é de madeira dourada e está dedicado á Virxe: trátase dunha obra barroca-rococó do século XVIII. Existen outros dous retablos dedicados á Inmaculada e ao Sagrado Corazón.
  • Na cidade vella predominan varias casas de ladrillo de tres andares, con portada de acceso en arco carpanel, galerías de ocos adintelados no piso superior ademais de beirados en ladrillo, madeira ou tella. De grande interese son algunhas casas-palacio dos séculos XVI e XVII, entre as que se atopan o grande edificio da Callejuela ou o da rúa do Hospital.

Utebo conta cun museo-centro cultural denominado: Centro Cultural Mariano Mesonada - Museo Orús. No Museo Orús exponse a obra pictórica de José Orús despois de que este doase en 2004 a súa obra ao concello.

Irmandamento

[editar | editar a fonte]

Festas patronais

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]