Saltar ao contido

UDP-glicosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
UDP-glicosa
Identificadores
Número CAS 133-89-1
PubChem 8629
ChemSpider 8308
MeSH Uridine+Diphosphate+Glucose
ChEBI CHEBI:52249
ChEMBL CHEMBL375951
Ligando IUPHAR 1783
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C15H24N2O17P2
Masa molecular 566,302 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A UDP-glicosa ou uridín difosfato glicosa é un nucleótido azucre. Implicado nas reaccións de tipo glicosiltransferase do metabolismo, onde funciona como coencima transportador de unidades de glicosa. A UDP-glicosa contén un grupo pirofosfato, a pentosa ribosa, a base uracilo e un residuo de glicosa unido ao último fosfato polo carbono 1.

O papel do UDP como transportador de glicosa e outros azucres no metabolismo foi descuberto polo bioquímico arxentino Luis Federico Leloir.

Funcións

[editar | editar a fonte]

A UDP glicosa pode orixinarse en reaccións como a seguinte:

glicosa 1-fosfato + UTP UDP-glicosa + PPi

A UDP-glicosa utilízase no metabolismo dos nucleótidos azucres como unha forma activada da glicosa que serve como substrato de encimas chamados glicosiltransferases.[1] Pode intervir nas seguintes rutas:[2]

Síntese de glicóxeno

[editar | editar a fonte]

A UDP-glicosa achega os residuos de glicosa necesarios para a síntese do glicóxeno realizada pola glicóxeno sintase. A glicosa achegada únese a un extremo non redutor do glicóxeno en formación segundo a reacción:

UDP-glicosa + (glicosa)n (rama do glicóxeno) UDP + (glicosa)n+1

Síntese de sacarosa

[editar | editar a fonte]

A sacarosa sintetízase pola transferencia dun resto de glicosa desde a UDP-glicosa á frutosa 6-fosfato, formando sacarosa 6-fosfato, que despois perde o seu fosfato pola acción dunha fosfatase.

frutosa 6-fosfato + UDP-glicosa UDP + sacarosa 6-fosfato

sacarosa 6-fosfato + H2O sacarosa + Pi

Conversión de glicosa a galactosa

[editar | editar a fonte]

A UDP-glicosa pode converterse en UDP-galactosa en reaccións como esta: galactosa 1-fosfato + UDP-glicosa UDP-galactosa + glicosa 1-fosfato Ademais, existe un encima epimerase que pode converter reversiblemente a UDP-glicosa e a UDP-galactosa. Nas glándulas mamarias, estas reaccións van no sentido de formación de UDP-galactosa, e a galactosa formada pode utilizarse para formar a lactosa do leite. No fígado ocorre o contrario, a UDP-galactosa convértese en UDP-glicosa.

Conversión en UDP-glicuronato

[editar | editar a fonte]

A UDP-glicosa pode dar lugar a UDP-glicuronato, que proporciona ácido glicurónico que se pode utilizar na síntese de ácido hialurónico, heparina, como intermediario na ruta de formación de ácido ascórbico ou na desintoxicación de fenois. Nesta conversión a intervén unha deshidroxenase:

UDP-glicosa + 2 NAD+ + H2O UDP-glicuronato + 2 NADH + 3 H+

Síntese de glicolípidos

[editar | editar a fonte]

A UDP-glicosa pode tamén usarse como un precursor na síntese de lipopolisacáridos e glicoesfingolípidos.

  1. Rademacher T, Parekh R, Dwek R (1988). "Glycobiology". Annu Rev Biochem 57: 785–838. PMID 3052290. doi:10.1146/annurev.bi.57.070188.004033. 
  2. A. Lehninger. Principios de Bioquímica. (1988). Páxinas 418, 457, 573 e 668. ISBN 84-282-0738-0

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]