Trigonometría
A trigonometría estuda as relacións entre os lados e os ángulos dun triángulo e, por extensión, as propiedades dos puntos (baricentro, circuncentro, incentro e ortocentro) e rectas (mediana, altura, mediatriz e bisectriz) notábeis dun triángulo.
A palabra deriva do grego trigonon (tri', tres e gonia ángulos), triángulo, e metron, medida[1]; é dicir, etimoloxicamente trigonometría é a medida de tres ángulos ou medida de triángulos.
Funcións directas principais
[editar | editar a fonte]En concreto, a trigonometría establece varias funcións trigonométricas para un ángulo, definibles graficamente segundo unha circunferencia de radio unidade de tal xeito que o devandito ángulo ten o seu vértice no centro do círculo (na figura, o ángulo abrangue a zona gris):
- a función chamada seno dun ángulo (abreviada sin ou sen) relaciona o valor do cateto oposto ó ángulo co da hipotenusa. Polo tanto tomando coma referencia a circunferencia de radio unidade da figura, se a hipotenusa ten valor 1 (o do radio), o seno será o segmento vermello, é dicir, o seno terá o valor do cateto oposto cando a hipotenusa vale a unidade;
- a función chamada coseno dun ángulo (abreviada cos, inda que en portugués se escriba con dobre s) relaciona o valor do cateto contiguo (ou adxacente) co da hipotenusa. Na figura, para unha hipotenusa unitaria (o radio), o coseno será o segmento verde, é dicir, o coseno terá o valor do cateto contiguo cando a hipotenusa vale a unidade;
- a función chamada tanxente (abreviada tan, inda que exista unha tendencia a notala como tg, seguindo e segundo a súa grafía en latín, castelán e inglés) relaciona as dúas anteriores: é dicir, é a relación entre o seno e o coseno. Para facer que o coseno teña valor unitario, faise coincidir co radio, e polo tanto a tanxente é o segmento azul, exterior á circunferencia, é dicir, a tanxente terá o valor do cateto oposto cando o cateto contiguo vale a unidade:
O nome destas funcións procede de que estes segmentos marcados están no interior (no seo, para seno e coseno) ou na tanxente á circunferencia de radio unidade.
Funcións directas secundarias (ou inversas para a operación produto de funcións)
[editar | editar a fonte]Existen outras tres funcións trigonométricas que teñen o valor inversamente proporcional ás tres anteriores. Os seus nomes son secante, cosecante e cotanxente. Os seus nomes tamén proceden da posición do segmento en relación á circunferencia unidade. Estas inversas son (na figura, o ángulo abrangue tamén a mesma zona gris):
- a función chamada secante dun ángulo (abreviada sec) relaciona o valor da hipotenusa co do cateto continuo ó angulo. Polo tanto tomando coma referencia a circunferencia de radio unidade da figura, se o cateto contiguo ten valor 1 (o do radio), a secante será o segmento en trazos verdes, é dicir, a secante terá o valor da hipotenusa cando o cateto contiguo vale a unidade;
- a función chamada cosecante dun ángulo (abreviada cosec, inda que en portugués se escriba tamén con dobre s) relaciona o valor da hipotenusa co do cateto oposto. Na figura, para un cateto unitario de valor igual ó radio, a cosecante será o segmento en trazos vermellos, é dicir, a cosecante terá o valor da hipotenusa cando o cateto oposto vale a unidade;
- a función chamada cotanxente (abreviada cotan, inda que exista tamén unha tendencia a notala como cotg, segundo e seguindo a súa grafía latina, castelá e inglesa) relaciona as dúas anteriores e é inversa da tanxente: é dicir, é a relación entre o coseno e o seno ou entre a secante e a cosecante. Para facer que o coseno teña valor unitario, faise coincidir co radio, e polo tanto a tanxente é o segmento azul, exterior á circunferencia, é dicir, a cotanxente terá o valor do cateto contiguo cando o cateto oposto vale a unidade:
NOTA: Na linguaxe TeX para editar fórmulas da Galipedia, o codificador de etiquetas non recoñece as funcións cosecante nin cotanxente.
Funcións inversas para a composición de funcións (funcións arco)
[editar | editar a fonte]O concepto de inversión nestas funcións opostas non consiste no valor matematicamente inversamente proporcional segundo a matemática, senón no concepto contrario. O seu argumento son números reais e o seu resultado son os ángulos ou arcos (en radiáns). Debido a isto as funcións teñen por nome a denominación da función directa antecedido do prefixo arco-. Así, existen seis funcións opostas: arcoseno, arcocoseno, arcotanxente, arcosecante, arcocosecante e arcocoanxente.
Teorema fundamental dos triángulos
[editar | editar a fonte]Enúnciase como: a suma dos ángulos dun triángulo suma 180º, medida que equivale a π radiáns. Para outros polígonos regulares se pode calcular (e tamén o ángulo interior de cada un dos seus vértices) mediante o seguinte construto baseado neste teorema (as cores son referidas ás da figura):
- Se un polígono ten n lados e se busca o centro de simetría radial, se pode unir os n vértices mediante n segmentos (en azul);
- Isto produce n triángulos interiores que terán
- Tendo en conta que a suma dos ángulos que rodean ó centro de simetría é 360º (en vermello), o resto dos ángulos miden en conxunto:
- Como o polígono ten n vértices, a cada un corresponderalle:
(en verde)
- Este valor a medida que se vai aumentando (o seu límite cando n tende a infinito) equivale a 180º, que é o valor da tanxente da circunferencia (o polígono de infinitos lados).
Teorema fundamental da trigonometría
[editar | editar a fonte]Este teorema baséase no teorema de Pitágoras e relaciona o seno dun ángulo co seu coseno. A súa demostración é moi doada partindo do dito por Pitágoras e dividíndoo entre o cadrado da hipotenusa ( é o cateto oposto e é o cateto contiguo):
Relacións trigonométricas
[editar | editar a fonte]Existe unha relación entre as funcións trigonométricas de varios ángulos (restados ou sumados) e as funcións de cada un dos sumandos ou restandos individualmente. Disto dedúcese a relación entre as funcións dun ángulo e o do seu dobre (facendo a suma de si mesmo). Tamén hai unha equivalencia entre a función dun ángulo e o da súa metade.
Funcións trigonométricas dunha diferenza | |||
Funcións trigonométricas dunha suma | |||
Funcións trigonométricas do ángulo dobre (deducibles das anteriores) |
|||
Funcións trigonométricas do ángulo metade | |||
Suma de funcións trigonométricas | |||
Resta de funcións trigonométricas |
Para coñecer o valor da derivada das funcións trigonométricas (directas, inversas e opostas) v. derivada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Douglas Harper (2001). "Etimoloxía da palabra trigonometría". Online Etymology Dictionary (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2013.