Sesostris III
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX a. C. |
Morte | 1842 a. C. |
Lugar de sepultura | Pyramid of Senusret III (en) |
Faraón | |
1872 a. C. – 1853 a. C. ← Senuseret II (pt) – Amenemhat III → | |
Título real no antigo Exipto
| |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de tempo | Imperio Medio de Exipto e XII dinastía exipcia |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | XII dinastía exipcia |
Cónxuxe | Meretseger Neferthenut Khenemetneferhedjet II |
Fillos | Amenemhat III () |
Pais | Senuseret II e Khenemetneferhedjet I |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Tabela de Saqqara |
Sesostris III (1878 adC.-1841 adC.). Fillo de Sesostris II. Faraón que levou ao Imperio Medio á súa máxima expansión territorial. Tamén é coñecido co nome de Iakaura ou Senurset.
Reformas
[editar | editar a fonte]Gran reformador, culminou unha política centralizadora facendo desaparecer o poder dos nomarcas, dividindo o pais en tres sectores (Alto, Medio e Baixo). Estableceu unha estruturada burocracia, recrutando funcionarios dos escribas, de clase media, ampliando a base social do poder. Reorganizou os gremios co fin de racionalizar a vida socioeconómica. Abriu rotas comerciais cara ao Sinaí, Punt, Creta e Biblos. Comezou unha política de obras públicas coa construción de canles. Os seus derradeiros anos compartiu trono con Amenemhat III, seu fillo.
Campañas
[editar | editar a fonte]Emprendeu catro campañas contra Kush (Nubia) ata a súa total dominación, incluídas as importantes minas de ouro desa área. Construíu unha rede de fortes fluviais que facilitou o control militar a a consolidación da súa expansión. Combateu Siquem chegando a controlar o Sinaí e Palestina.
Mandou construír a Pirámide de Dashur de 105 metros de altura e outras sete pirámides adxacentes.