Sala das Cen Columnas
A Sala das Cen Columnas (en catalán: Sala de les Cent Columnes) ou sala hipóstila é unha especie de gran soportal formado por oitenta e seis columnas que sostén a gran praza do Parque Güell de Barcelona. Foi concibida por Antoni Gaudí para albergar o mercado dunha cidade residencial que xamais chegou a completarse.
Atópase entrando pola praza principal do parque, detrás das escaleiras da popular fonte do dragón.
Características
[editar | editar a fonte]As columnas, verticais as interiores, lixeiramente inclinadas as exteriores (actuando de contrafortes), están deseñadas de tal forma que recordan o estilo arquitectónico dórico. Por outro lado, a parte baixa da columna está recuberta de trencadís branco e uniforme. O mesmo recurso se utiliza como base decorativa do teito.
O teito está cheo de formas redondeadas que se internan entre columna e columna. En catorce delas hai debuxos realizados coa técnica do trencadís. As columnas están aliñadas, pero a súa distribución non é uniforme e nos espazos inexistentes que deixan algunhas hai grandes rosetóns, tamén de trencadís. Foi deseñado e estampado por Josep Maria Jujol. Ademais dos habituais fragmentos de porcelana, tamén mostra detalles curiosos como un fragmento dun pulso. Jujol tamén experimento con papel de vidro de cor.
O chan é puído, pero a parede do fondo parece de pedra ruda sen traballar. Na parte externa do teito pódense contemplar cabezas de león que soltan auga, igual que as gárgolas medievais.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende a escalinata -
Vista posterior -
Columnata -
Columnata -
Plafóns de trencadís -
Plafó de trencadís -
Teito de trencadís -
Bancos de trencadís -
Gárgola
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sala das Cen Columnas |