STS-82
STS-82 | |
---|---|
O telescopio espacial Hubble na bodega de carga do Discovery. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 11 de febreiro de 1997, 8:55 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 9,98 días[6] |
Obxectivo da misión | Reparación e mantemento do telescopio espacial Hubble.[3][6] |
Regreso | 21 de febreiro de 1997[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1997-004A |
STS-82 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 11 de febreiro de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-82, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para reparar e dar servizo ao telescopio espacial Hubble na segunda misión deste tipo despois da STS-61. Durante a misión a tripulación, formada polo comandante Kenneth D. Bowersox, o piloto Scott J. Horowitz e os especialistas de misión Mark C. Lee, Steven A. Hawley, Gregory J. Harbaugh, Steven L. Smith e Joseph R. Tanner, substituíu un sensor de guiado fino do telescopio, cambiou unha das grabadoras de datos en cinta por unha grabadora de estado sólido e cambiou dous dos instrumentos orixinais (o GHRS e o FOS) por outros dous novos (STIS e NICMOS). Durante a misión fixéronse un total de cinco actividades extravehiculares.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 21 de febreiro de 1997.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 82" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 22 December 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-50276(E)). 19 de xaneiro de 1998: 15. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 82" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-82" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-82" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-82" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-82 |