Roca, Guitiriz
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2013.) |
Roca | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Guitiriz[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°11′20″N 7°47′51″O / 43.18888889, -7.7975 |
Área | 6 km² |
Poboación | 67 hab. (2020) |
Densidade | 11,17 hab./km² |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Roca é unha parroquia do concello de Guitiriz. Segundo o IGE, en 2012 tiña 78 habitantes (35 homes e 43 mulleres).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada no sueste do concello. Linda ó norte con Santa Cruz e Pígara, ó sur con San Breixo (separada deste polo río Parga), ó leste con Baamonde, que pertence ao concello de Begonte e ao oeste con Trasparga (separada desta polo río Requeixo ou Roca). Ten unha extensión de aproximadamente 6 km2. Compóñena os seguintes lugares: ó norte ou Roca de Arriba: Altamira, Penaescada ou Penas, Quintán, Santa Ana e Lamas; ó sur ou Roca de Abaixo: Portodola, Fontecurral, Alto e A Ponte.
É un terreo suavemente montañoso, oscilando entre os 400 e 600 m, aproximadamente. As elevacións máis importantes atópanse no leste, nunha cadea que vai de Sur a Norte, na que destacan como maiores elevacións o Penedo da Perdíz, Alto do Curro de Carlos, Penedo do Seixiño, Pena Gallada, Monte Redondo, Altos de Fontemalle, Mouteira e Lobateira. Parte destas elevacións forman conxunto desa muralla que dende a chaira luguesa pódese observar ó Oeste como delimitándoa.
A partir deste serrón, todas as augas verten cara ao sur e oeste, formando pequenos regatos, entre os que podemos citar o da Perdíz, Fontemalle, Castellanos ou Picharegas, Quintán ou Zancas e Pedracoba ou Ramallal, que case serve como linde natural con Santa Cruz.
A zona situada ó leste coas elevacións nomeadas no anterior apartado, está plantada a pinos, de forma ordenada, explotada en plan comunitario. Nas vertentes que saen destes outeiros, abundan as árbores autóctonas, como os carballos, bidueiros, ameneiros, salgueiros e castiñeiros. Nos terreos ermos predominan os toxos, pudias, xestas, carpazas, carqueixas, fieitos e silvas. En canto a fauna silvestre é frecuente ver xabaril, corzo, raposo e coello. Polo que se refire as aves, abunda o corvo, pega, rula, pombo, gorrión, paporroibo, lavandeira, gaio, xílgaro, merlo, peto, cuco e bubela, por citar algúns. En canto a riqueza piscícola, minguou bastante dende a implantación dunha industria ó carón do río Requeixo, así como as posibles escorras de grandes explotacións gandeiras situadas noutras parroquias no seu curso alto.
Economía
[editar | editar a fonte]A poboación fixa rolda os 70 habitantes, distribuídos nunhas 24 casas habitadas, dun total de 40 que forman a parroquia. Como a maioría da Galicia interior a súa economía baseábase en pequenas explotacións agrícolas e gandeiras, pero co envellecemento, o despoboamento e o minifundismo non rendíbel, apenas se quedan a metade das casas con gandería. A pouca xente nova que queda, dedicase a outras profesións ou oficios, que pouco ou nada teñen que ver coas ocupacións dos seus antepasados.
Ten boas comunicacións, xa que a atravesan polo Sur a estrada N-VI e a autoestrada A-6 con saída a 2 km na veciña parroquia de Transparga, ou a 4 km en Bahamonde. O ferrocarril pasa tamén polo extremo sur.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]As ladeiras dos ríos Requeixo e Parga acollen algún muíño e caneiro xa abandonados.
A igrexa parroquial foi recentemente restaurada. Da capela de Santa Ana só queda o edificio. A carón da zona dos Formigueiros, rodeado dun regato, houbo un poboado castrexo, e houbo outro preto de Quintán, no lugar das Pedreiras. Neste mesmo lugar de Quintán, atópase un exemplo de casa de labranza de hai uns 200 ou 300 anos, segundo se deduce da súa distribución interna e servizos.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Roca
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Roca no concello de Guitiriz (Lugo) | |
---|---|
Altamira | Alto de Roca | As Lamas | As Penas | A Ponte de Roca | O Portodola | Quintán | Roca | Santa Ana |