Raquel Miragaia
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) Tardade, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, profesora de ensino secundario |
Obra | |
Obras destacables
| |
Raquel Miragaia Rodríguez, nada en Tardade (Vilalba) en 1974, é unha escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Profesora de lingua castelá desde o 2000, deu clase no IES número 1 da Estrada, IES Leliadoura de Ribeira, IES Virxe do Mar de Noia, no I.E. Giner de los Ríos en Lisboa e actualmente traballa no IES do Milladoiro en Ames.
Ten participado en revistas e xornais como Mealibra (Portugal), Agália, Novas da Galiza ou Cuadernos de Pedagogía.
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Diário Comboio, 2002, AGAL/Laiovento.
- Em tránsito, 2007, Difusora.
- O décimo terceiro mês, 2010, Ediçons do Trece/Sacaúntos.
- Tempo Tardade, 2020, Através Editora.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através Editora.