Rally do Lacón de 1993
Tipo | edición de rally |
---|---|
Parte de | Rally Pazo Tizón e Tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally |
Número de participantes | 37 |
Localización e Datas | |
País | España |
Número de edición | 27 (1993) |
Competición | |
Primeiro posto | Manuel Senra |
O Rally do Lacón de 1993 foi a 27ª edición de dito rally e a terceira proba da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 16 de maio de 1993 e o vencedor foi, por segundo ano consecutivo, Manuel Senra, sobre o seu Peugeot 309 GTI 16v.[1]
Resumo
[editar | editar a fonte]Dos 45 pilotos inscritos, 37 tomaron a saída. Pouco despois do inicio, na primeira pasada polo treito da Saleta, Manuel Senra perdeu o control do seu Peugeot 309 e o local Javier Paz colocouse líder con seis segundos de vantaxe, que aumentou a 22 na segunda pasada polo mesmo lugar. A continuación Arturo Rial foi o máis rápido nas dúas pasadas por Reádegos, mentres que Senra marcou os mellores tempos en Parada de Labiote. A sesión matinal rematou con Paz como líder provisional, con 10 segundos sobre Rial e 26 sobre Senra. Con todo, na sesión vespertina comezou a chover, e Paz, que levaba pneumáticos lisos, viuse superado por Senra e Rial, que montaban rodas de choiva. Rial mantivo a primeira posición ata que sufriu unha saída de pista no treito Beade-Pena Corneira, que deixou a vitoria en mans de Manolo Senra. Na parte final do rally deixou de chover e Paz volveu recortar diferenzas con Rial ata arrebatarlle a segunda posición en Cabanelas, e quedar a só catro segundos de Senra.[1]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Piloto | Copiloto | Automóbil | Tempo/diferenza |
---|---|---|---|---|
1 | Manuel Senra | José Maceiras | Peugeot 309 GTI 16v | 1h01'57'' |
2 | Javier Paz | Manuel García | Ford Sierra Cosworth | a 4'' |
3 | Arturo Rial | Juan Carlos Arias | Citroën AX Sport | a 2'51'' |
4 | Manuel Varela | Herminio González | Ford Escort Cosworth | a 2'57'' |
5 | Juan Carlos Táboas | Luis Fernández González | Citroën AX Sport | a 3'11'' |
6 | Javier Azcona | Ayala | Renault Clio 16V | a 3'11'' |
7 | Luis Alberto González Villarías | Fernando González Villarías | Renault Clio 16V | a 3'27'' |
8 | Jorge Pérez | Luis Pérez | Renault Clio Williams | a 4'22'' |
9 | Jesús Campos | Faustino Suárez | a 5'09'' | |
10 | Germán Linares | Larey | a 5'56'' | |
11 | Santos Vázquez | Ríos Buceta | a 6'02'' | |
12 | Vicente Posada | Sergio Freire | a 6'22'' |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Castro, X. R. (17 de maio de 1993). "Senra revalida su título en un trepidante Rally do Lacón". La Voz de Galicia (en castelán). p. 59.
Predecesor: Rally de Noia |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1993 |
Sucesor: Rally de Ferrol |