Saltar ao contido

Río Yonne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Yonne
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaSena e Marne, Francia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMont Preneley (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaSena e Marne, Francia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMontereau-Fault-Yonne Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraRío Sena Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°57′22″N 4°00′39″L / 46.9561, 4.0108
48°23′20″N 2°57′27″L / 48.3889, 2.9575
Afluentes
Anguison (en) Traducir, Serein (pt) Traducir, Rio Cure (pt) Traducir, Armance (en) Traducir, Rio Armançon (pt) Traducir, Auxois (en) Traducir, Beuvron (en) Traducir, Tholon (en) Traducir, Vrin (en) Traducir, Vanne (en) Traducir, Druyes (river) (en) Traducir, Houssière (en) Traducir (marxe dereita), Oreuse (en) Traducir, Baulche (en) Traducir, Rû de Sinotte (en) Traducir (marxe dereita) Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaYonne basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións292,3 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica10.887 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal105 m³/s Editar o valor en Wikidata
O Yonne en Auxerre

O Yonne é un río francés, afluente do Sena pola súa beira esquerda, no cal verte as súas augas despois de percorrer 293 km. Dá nome ao departamento de Yonne.

A fonte do Yonne está situada no departamento de Nièvre, nas lombas de Morvan a uns 730 m sobre o nivel do mar, cerca de Château-Chinon.

Des o departamento de Nièvre corre para noroeste escavando un profundo val con formacións calcáreas. Pasada a cidade de Auxerre, capital do departamento de Yonne, atravesa unha gran chaira, ensanchándose e tornándose navegábel. Conflúe co Sena en Montereau-Fault-Yonne.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Ten numerosos tributarios, entre os cales salientan o Armançon, o Cure e o Serein, todos eles pola dereita, e que superan os 150 km de lonxitude; os afluentes da marxe esquerda son máis curtos, cabe citar entre eles o río Vrin e o Tholon, que non chegan alcanzar os 40 km de curso. O caudal medio do Yonne é superior ao do Sena no punto de confluencia; o seu valor medio é de 95 m³/s.

[editar | editar a fonte]
Río Yonne.

O Yonne é navegábel nunha lonxitude de 108 km desde Auxerre até Montereau-Fault-Yonne, na unión co Sena. Ten 26 esclusas cun gálibo mínimo de 93 m por 8,30 m.

Está ligado ao Saona polo canal de Borgoña, que principia en Migennes, e comunica co río Loira por medio do canal do Nivernais, cuxo punto de partida está en Auxerre.

Cidades bañadas polo Yonne

[editar | editar a fonte]

Topónimo

[editar | editar a fonte]

O seu nome procede do celta Ica-Onna. Ica e Onna son dúas raíces hidronímicas.