Saltar ao contido

Proxecto S-50

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edificio do proceso de difusión térmica nas instalacións S-50

O proxecto S-50 foi a parte do Proxecto Manhattan destinada á produción de uranio enriquecido mediante difusión térmica líquida durante a segunda guerra mundial, unha das tres tecnoloxías para a produción de uranio enriquecido procuradas no proxecto.

O proceso de |difusión térmica líquida non era unha das tecnoloxías seleccionadas inicialmente para o seu uso no proxecto, e foi desenvolvida de forma independente por Philip H. Abelson e outros científicos no Laboratorio de Investigación Naval dos Estados Unidos. Isto debeuse principalmente ás dúbidas existentes sobre a factibilidade técnica do proceso, malia que as rivalidades entre servizos do Exército dos Estados Unidos e da Armada dos Estados Unidos tamén xogou un certo papel.

Construíronse plantas piloto na Estación Aérea Naval Anacostia e no Estaleiro da Armada de Filadelfia, e unha planta de produción na localización de Clinton Engineer Works en Oak Ridge, Tennessee, a única planta de difusión térmica líquida a escala de produción construída na historia. Non era capaz de enriquecer o uranio o suficiente como para utilizalo nunha bomba atómica, pero proporcionaba unha entrada lixeiramente enriquecida para os calutróns Y-12 e as plantas K-25 de difusión gasosa. Varias estimacións indicaron que a planta S-50 acelerou unha semana a produción de uranio enriquecido usado na bomba Little Boy detonada sobre Hiroshima.

A planta S-50 cesou a súa produción en setembro de 1945, malia que foi reaberta en maio de 194 e utilizada para o proxecto NEPA das Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos. A planta foi finalmente demolida a finais dos anos 1940.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.