Premio Nacional de Cultura tradicional e de base
O Premio Nacional de Cultura tradicional e de base foi un galardón outorgado pola Xunta de Galicia e concedido por un xurado de quince persoas de distintos ámbitos da cultura galega, como un dos dez Premios Nacionais da Cultura Galega.
Os premios concedéronse a creadores vivos que destacasen ese ano polo seu labor neste campo artístico da cultura tradicional e de base, ou en recoñecemento a unha traxectoria. O premio convocouse unicamente en 2008, edición na que os galardoados reciben 15.000 euros de premio. O galardoado ou galardoada anúnciase no mes de maio.
Aínda que con vocación de continuidade, a mudanza de goberno producida en 2009 supuxo a interrupción da convocatoria. Ao creárense en 2010 os Premios da Cultura Galega definiuse como continuadora a categoría Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural.