Porvoo
Porvoo (fi) Borgå (sv) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Finlandia | ||||
Axencia Rexional | Finlândia Meridional (pt) ![]() | ||||
Rexión | Uusimaa ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 51.464 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua finesa (majority language (en) ![]() lingua sueca (lingua minoritaria) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Subrexión de Porvoo ![]() | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 654,56 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Porvoo City Council (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 06100 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Ventspils Viljandi Viimsi (pt) ![]() Hancock (pt) ![]() Surgut (pt) ![]() comuna da Tyresö (pt) ![]() concello de Lund (1945–) Viborg (pt) ![]() Hamar (1953–) Dinkelsbühl (1961–) Dalvík (1978–) Kamień Pomorski (pt) ![]() ![]() | ||||
Sitio web | porvoo.fi ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Porvoo (en sueco Borgå) é unha cidade de Finlandia. Está situada no sur do país, na rexión de Uusimaa, aínda que foi a capital da rexión de Uusimaa Oriental ata o 2011, ano no que as dúas rexións se fusionaron. No censo de 2012, a cidade ten unha poboación de 49.026 habitantes.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A cidade recibe o seu nome dunha fortaleza sueca próxima ao río Porvoonjoki, río que atravesa a cidade. O nome Porvoo é a versión finesa do nome sueco Borgå, e as súas partes borg significa "castelo" e å "río".[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira mención que se ten de Porvoo nun documento data de inicios do século XIV. A localidade recibiu o título de cidade no ano 1380, pese a que, de acordo con algunhas fontes, a fundación oficial como cidade pode fixarse no ano 1346. Na Idade Media era un lugar de descanso importante do Camiño do Rei, tamén coñecido como Gran Camiño da Costa.
A cidade vella de Porvoo foi oficialmente desestablecida en favor da nova cidade en 1997, cando Porvoo-cidade e a municipalidade rural de Porvoo foron consolidadas.[2]
A sede do episcopado de Viborg mudouse a Porvoo cando aquela cidade pasou de mans suecas a rusas no ano 1721. Nesa época, Porvoo era a segunda fubesa cidade en extensión.
Logo da conquista de Finlandia por parte das forzas rusas en 1808 (acabando co dominio sueco de Finlandia), a cidade xunto co resto do país, pasou a formar parte do Gran Ducado de Finlandia (baixo control ruso) no ano 1809, de acordo co tratado de Fredrikshamn.
A Dieta de Porvoo de 1809 foi un fito na historia de Finlandia. O tsar Alexandre I confirmou a nova constitución finesa (que en esencia era a vella constitución sueca para Finlandia do ano 1772), a cal cedía autonomía ao Gran Ducado de Finlandia.
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Dalvík, Islandia
Dinkelsbühl, Alemaña
Hamar, Noruega
Hancock, Estados Unidos
Kamień Pomorski, Polonia
Lund, Suecia
Tyresö, Suecia
Ventspils, Letonia
Viborg, Dinamarca
Viimsi, Estonia
Viljandi, Estonia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1]
- ↑ "Porvoon matkailu - Yleistä Porvoosta". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2009. Consultado o 11 de febreiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porvoo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial (en finés) (en sueco) (en inglés)