Perisodáctilos
Aparencia
Os perisodáctilos (Perissodactyla) son unha orde de mamíferos placentarios. Son mamíferos ungulados que se caracterizan pola posesión de extremidades cun número impar de dedas rematadas en pezuños, estando a deda central, que serve de apoio, máis desenvolvida cás demais. Son herbívoros. Na actualidade soamente inclúe os équidos, os tapires e os rinocerontes.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en tres familias:
- Familia Equidae
- Familia Tapiridae
- Familia Rhinocerotidae
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Perisodáctilos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Perisodáctilos |
----
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |