Partido Liberal (España 1977)
Partido Liberal (España 1977) | |
---|---|
O Partido Liberal (PL) foi un partido de centro español fundado por José Antonio Segurado e Pío Cabanillas Gallas en 1977 e que se acabou integrando na UCD. O PL refundouse en 1983 trala desfeita da UCD nas eleccións xerais de 1982 e uniuse a fins dese ano con outro partido liberal, a Unión Liberal, que se formara no seo da coalición que dirixía Alianza Popular mantendo o nome de Partido Liberal. O PL presentouse en solitario ás eleccións locais de 1987 nalgúns concellos e nas eleccións autonómicas de Castela e León (0.16%), en Navarra en coalición co PDP formando a Unión Demócrata Foral e en Galicia con Coalición Galega e o Partido Demócrata Popular na Coalición Progresista Galega.
En 1989 nun Congreso Extraordinario o PL decidiu integrarse no Partido Popular. O PL tivo 12 deputados no Congreso dos Deputados de 1986 e 1989.