Oenothera
Oenothera | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Oenothera biennis, en Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz (Flora de Alemaña, Austria e Suíza), de Otto Wilhelm Thomé (1885). | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
véxase: Lista de especies de Oenothera |
Oenothera é un xénero de aproximadamente 145 especies[2] de herbas anuais, bienaIs e perennes.[3] É o xénero tipo da familia Onagraceae.
Oenathera biennis é nativa de Norteamérica[4][5] e unha planta de xardín moi popular, que naturalizou en certas partes de Europa e Asia. As súas flores amarelas pálidas ábrense durante a tarde[6]
Foi asignada ao xénero Onagra, que dá o seu nome á familia Onagraceae. Onagra - "(comida de) onagro" -foi utilizada por primeira vez en botánica en 1587 e na publicación de Philip Miller The Gardeners dictionary (Dicionario para xardineiros), na súa edición reducida de 1754. O seu nome científico, Oenothera -utilizado por primeira vez por Linné no seu Systema Naturae- ten tamén unha orixe relacionada co burro, co significado de "atrapa asnos". En grego oeno significa "burro", mentres thera significa "coller, atrapar, perseguir". Crese que o nome se refire a que a planta pode ser utilizada para atrapar burros e outros animais. En 1860, William Baird suxeriu, con todo, que oeno podería ser interpretado como "viño" en grego. Cría que se refería ao feito de que a raíz comestible de Oenothera biennis utilizábase como un aditivo de sabor para o viño.
En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.[7]
Usos
[editar | editar a fonte]A planta e as súas sementes foron usadas polos indíxenas americanos durante séculos. Usaban a planta como infusión en auga quente para curar feridas, problemas cutáneos e mesmo a asma. A onagra, Oenathera biennis, só aparece en Europa a partir do século XVIII.[8] As sementes da Oenathera biennis conteñen ácido gamma-linolénico (GLA), un ácido graxo esencial raro.[9]
O aceite destas sementes utilízase para reducir as dores da síndrome premenstrual.[10][11][12]
Aceite de Oenothera biennis
[editar | editar a fonte]Das sementes da onagra, tras unha primeira presión en frío, obtense un escaso e valioso aceite extremadamente rico en ácidos graxos esenciais (AGE). Conteñen principalmente ácido linoleico e ácido gamma-linolénico (AGL). Estes ácidos graxos denomínanse esenciais porque o corpo humano non é capaz de producilos de por si, polo que necesariamente deben ser incluídos cada día na alimentación. De 3 a 6 g de aceite de Oenathera biennis proporcionan aproximadamente 270–540 mg de AGL.
O aceite desta planta utilízase como analxésico durante a menstruación (eficaz no tratamento da síndrome premenstrual), trastornos circulatorios ou trastornos da pel.
Os efectos secundarios adversos recoñecidos do aceite de Oenathera biennis son mínimos; algúns destes poderían ser dor de cabeza ou náuseas; recoméndase non consumir esta substancia despois dun procedemento cirúrxico.
Planta invasora
[editar | editar a fonte]En España, a Oenothera glazioviana, coñecida tamén como herba do asno, está considerada como flora exótica invasora. Coloniza frecuentemente marxes de estradas e áreas degradadas e aparece en zonas dunares e ribeiras fluviais. En Galicia está catalogada como especie exótica invasora.
Manexo e xestión
[editar | editar a fonte]A erradicación desta especie ten que realizarse mediante a eliminación manual continuada dos exemplares. Esta acción debe realizarse nos meses de maio, xuño e xullo. A acción debe repetirse durante varios anos, até esgotar o banco de sementes acumuladas no chan.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Genus: Oenothera L". Germplasm Resources Information Network. United States Department of Agriculture. 22 de marzo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2010. Consultado o 28 de outubro de 2010.
- ↑ Singh, S. (2012). "An updated review on the Oenothera genus" (PDF) 10: 717–25. doi:10.3736/jcim20120701.
- ↑ Mihulka, S.; Pyšek, P. (2001). "Invasion history of Oenothera congeners in Europe: a comparative study of spreading rates in the last 200 years" (PDF) 28 (5): 597–609. doi:10.1046/j.1365-2699.2001.00574.x. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2016. Consultado o 27 de maio de 2017.
- ↑ Raven, P. H.; et al. (1979). "An outline of the systematics of Oenothera subsect. Euoenothera (Onagraceae)" 4 (3). Systematic Botany, Vol. 4, No. 3: 242–252. JSTOR 2418422. doi:10.2307/2418422.
- ↑ Dietrich, W.; et al. (1997). Systematics of Oenothera section Oenothera subsection Oenothera (Onagraceae). Laramie: The American Society of Plant Taxonomists. ISBN 0-912861-50-9.
- ↑ Gumbo Lily (Oenothera caespitosa). Native Wildflowers of the North Dakota Grasslands. USGS Northern Prairie Wildlife Research Center.
- ↑ Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
- ↑ Peterson, R. T. e M. McKenny (1968). A Field Guide to Wildflowers of Northeastern and North-central North America. Boston: Houghton Mifflin. ISBN 0-395-91172-9.
- ↑ Oenothera biennis. Ohio Perennial and Biennial Weed Guide. The Ohio State University Extension.
- ↑ "Evening primrose oil". MedlinePlus. 14 de febreiro de 2015. Consultado o 31 de maio de 2015.
- ↑ Douglas, Sue (novembro de 2002). "Premenstrual syndrome. Evidence-based treatment in family practice" 48 (11): 1789–1797. PMC 2213956. PMID 12489244.
- ↑ "Gamma Linolenic Acid". American Cancer Society. 13 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2013. Consultado o agosto de 2013.
- ↑ Jones W.; C. Sacamano. Landscape Plants for Dry Regions. Fisher Books. 2000. ISBN 1-55561-190-7