Nogueira de Ramuín
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Luíntra | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.085 (2023) (21,21 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 98,3 km² | ||||
Altitude | 660 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Julio Temes Pereira | ||||
Eleccións municipais en Nogueira de Ramuín | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32052 | ||||
Páxina web | nogueiraderamuin.gal |
Nogueira de Ramuín é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2017 tiña 2.033 habitantes (2.565 en 2003).
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total | 2.033 (2017) |
---|---|
Menores de 15 anos | 132 (6.49 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.134 (55.78 %) |
Maiores de 65 anos | 767 (37.73 %) |
Evolución da poboación de Nogueira de Ramuín Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
7.881 | 8.275 | 8.201 | 3.514 | 2.561 | 2.435 | 2.381 | 2.336 | 2.271 | 2.198 | 2.124 | 2.075 | 2.033 | 2.011 | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello, de 98,3 km², abrangue trece parroquias. Está situado ao norte da provincia de Ourense, e limita ao norte cos concellos de Carballedo, Pantón, Sober, ao sur con Esgos e Xunqueira de Espadanedo, ao leste con Parada de Sil e ao oeste con Coles, A Peroxa e Pereiro de Aguiar.
Sitúase á beira da confluencia do río Miño co Sil, incluíndo tamén o val superior do río Loña. Cara ao sur está a depresión de Ourense, nas abas de Cabeza de Meda (1320 m).
Está comunicada a través da estrada OU-546 (Ourense - Monforte de Lemos) e da OU-536 (Ourense - Ponferrada).
Historia
[editar | editar a fonte]Consérvanse restos do megalítico, as mámoas de Moura e de Lamagorzos. Do románico son o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e as igrexas de San Martiño de Nogueira e San Cristovo de Armariz.
Existen petos de ánimas en San Miguel do Campo, Eiradela, Pacios e Liñares.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Nogueira de Ramuín.
-
Vista de Luíntra desde o mosteiro de Santo Estevo.
-
Claustro de Santo Estevo de Ribas do Sil
-
Encoro de Santo Estevo
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Nogueira de Ramuín
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Nogueira de Ramuín vexa: Lugares de Nogueira de Ramuín.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nogueira de Ramuín |