Nacho Monreal
(2015) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Ignacio Monreal Eraso 26 de febreiro de 1986 (38 anos) Pamplona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,8 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2006 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral e defensa central | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2018 | Mundial de Fútbol Rusia 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ignacio Monreal Eraso, nado en Pamplona o 26 de febreiro de 1986, coñecido como Nacho Monreal, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no Arsenal da Premier League de Inglaterra.[1]
É internacional absoluto coa selección española desde 2009, coa que disputou a Copa Confederacións de 2013.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na canteira do C. A. Osasuna. Ziganda -que xa fora o seu adestrador en xuvenís e Osasuna B- fíxoo debutar no primeiro equipo nun partido de Liga de Campións ante o Hamburgo, disputado o 9 de agosto de 2006.[2] Tras unha primeira tempada de adaptación, converteuse en indiscutible nas aliñacións para as seguintes campañas e nun dos mellores laterais esquerdos nacionais, chegando a debutar coa selección española en 2009.[3][4] Co club navarro disputou 144 partidos, marcando tres goles en Primeira División a Levante, Xerez e Hércules.[5][6][7]
De cara á tempada 2011-12, Osasuna decidiu aceptar a oferta de seis millóns de euros procedente do Málaga CF.[8][9] O xogador tiña contrato até 2014 cunha cláusula de doce millóns de euros negociable, a condición de que o equipo interesado non fose o Athletic Club.[10][11] No club malacitano continuou como titular e volveu disputar a liga de Campións. O 27 de xaneiro de 2013, no seu último partido co club malacitano, marcou na vitoria ante o Mallorca (2-3).[12]
O 31 de xaneiro, nas últimas horas antes de que se pechase o mercado invernal, o xogador chegou a un acordo para asinar polo Arsenal, por 10 millóns de euros máis unha cantidade variable en obxectivos.[13] O 16 de marzo anotou o seu primeiro tanto en Premier League, ante o Swansea City.[14] Na súa primeira tempada completa no club inglés logrou a FA Cup 2013-14, aínda que foi suplente habitual de Kieran Gibbs. Na tempada 2014-15 inverteu a situación e consolidouse como titular no equipo londiniense. Nesa campaña logrou a súa segunda FA Cup, competición na que anotou un gol ante o Manchester United[15], e a Community Shield. Na seguinte campaña a súa situación mellorou aínda máis e foi titular en 44 ocasións, conquistando a súa segunda Community Shield. Na tempada 2016-17 continuou, por terceira tempada consecutiva, como titular. No partido de semifinais da FA Cup ante o Manchester City marcou o gol que forzou a prórroga e permitiu eliminar ao club de Pep Guardiola.[16] O 27 de maio logrou a súa terceira FA Cup ao vencer ao Chelsea (2-1).[17] Comezou a tempada 2017-18 conquistando a súa terceira Community Shield, anotando un dos goles da quenda de penaltis ante o Chelsea.[18] Na súa sexta campaña no club inglés destapouse como goleador ao anotar seis goles, un deles ante o Östersunds en Liga Europa.[19]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]O 6 de agosto de 2009 foi convocado por primeira vez coa selección española para un partido amigable contra Macedonia.[20] Debutou o 12 de agosto de 2009, substituíndo a Capdevila, no partido que España gañou 2-3 a Macedonia despois de remontar un 2-0 adverso.[21] Logrou ser titular no seu segundo partido, fronte á selección de Armenia, correspondente á fase de clasificación para o Mundial 2010. O primeiro torneo oficial ao que acudiu foi a Copa Confederacións 2013[22]
En outubro de 2016, tras case tres anos de ausencia, regresou nunha convocatoria da man de Julen Lopetegui pola lesión de Jordi Alba nun partido ante Albania de clasificación para o Mundial 2018.[23] O 12 de novembro marcou o primeiro gol nun partido de clasificación ante Macedonia.[24]
O 21 de maio de 2018 foi incluído na lista de 23 xogadores que acudiría ao Mundial de Rusia de 2018, despois de non ser convocado nas dúas últimas convocatorias.[25]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
FA Cup | Arsenal F.C. | 2014 | |
Community Shield | Arsenal F.C. | 2014 | |
FA Cup | Arsenal F.C. | 2015 | |
Community Shield | Arsenal F.C. | 2015 | |
FA Cup | Arsenal FC | 2017 | |
Community Shield | Arsenal F.C. | 2017 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nacho Monreal - Perfil del jugador 17/18".
- ↑ "Osasuna mantiene vivo el sueño de la Champions | elmundo.es".
- ↑ "'Azpi' y Monreal, los mejores laterales de la Liga para Camacho".
- ↑ "Monreal: "El lateral izquierdo escasea en el fútbol español" - MARCA.com".
- ↑ "El Levante se da un homenaje".
- ↑ "Osasuna agua el debut de Gorosito. El Comercio".
- ↑ "Osasuna - Hércules, Liga BBVA - Primera División en Marca.com".
- ↑ "Osasuna confirma el traspaso de Monreal al Málaga".
- ↑ "7.000 personas reciben a Monreal en Málaga | Fútbol | elmundo.es".
- ↑ "Monreal: "Yo no tengo nada en contra del Athletic" - MARCA.com".
- ↑ "Osasuna blinda a Monreal para evitar su fuga al Athletic".
- ↑ "Liga | Mallorca 2-3 Málaga | El Málaga se sitúa en Champions y hunde más al Mallorca - RTVE.es".
- ↑ "Nacho Monreal agrees to join Arsenal".
- ↑ "Monreal doblega al 'Spanish' Swansea".
- ↑ "Oxlade 'cocina' y Nacho Monreal define como un nueve". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ "Guardiola se queda sin títulos y el Arsenal luchará por la FA Cup".
- ↑ "Resumen FA Cup: El Arsenal salva el año frente al Chelsea".
- ↑ "El Arsenal arrebata otro título al Chelsea ganando la Community Shield".
- ↑ "Inglaterra: Monreal, un oasis en el desierto del Arsenal". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ As.com, ed. (de agosto de 2009). "Monreal: "Esta oportunidad es algo mágico para mí"".
- ↑ "Monreal recuerda su debut como 'mágico'".
- ↑ "Oficial: Los 23 convocados de Del Bosque para Confederaciones". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2018.
- ↑ "Monreal, de no ir ni convocado a liderar las rotaciones de Lopetegui en Albania. Noticias de Mundial".
- ↑ "Selección de España: Monreal se estrena como goleador con la selección - Marca.com".
- ↑ "Convocatoria Selección España: La lista de 23 de Lopetegui: Morata se queda fuera del Mundial de Rusia y Monreal es la sorpresa - Marca.com".