NKVD
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
NKVD | |
---|---|
![]() | |
Acrónimo | НКВД СССР e NKVD SSRİ |
Tipo | ministerio do interior e Comisariado do Pobo |
Data de fundación | 10 de xullo de 1934 |
Data de disolución | 26 de agosto de 1946 |
Presidente/a | Guenrikh Yagoda (pt) ![]() ![]() [d:Special:EntityPage/Q141860|Nikolai Yezhov]] (1936-1938)
Guenrikh Yagoda (1934-1936) |
Eventos/Actividades | masacre de Katyń |
Organización matriz | Consello de Comisarios do Pobo |
Organización subsidiaria | Gulag |
Sede | Lubianka, Moscova, Lubyanka Square e edificio |
País | Unión Soviética |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Comisariado do pobo para asuntos internos (Народный комиссариат внутренних дел, Narodnyy komissariat vnutrennikh del), abreviado como NKVD (НКВД) foi a organización da policía política e secreta da Unión Soviética encargada de executar directamente o estado de poder dos soviéticos, incluída a represión política, durante a época de Iosif Stalin.
O NKVD contiña á policía regular e política da URSS (incluída a de tráfico, bombeiros, garda de fronteiras e arquivos), pero é máis coñecido polas actividades do Gulag e da Dircción Xeral de Seguridade do Estado (GUGB), que finalmente acabou converténdose no Comité de Seguridade do Estado (KGB). Levou a cabo execucións extraxudiciais en masa, dirixiu o sistema de campos de traballos forzosos do Gulag, acabou coa resistencia, realizou deportacións masivas de nacionalidades enteiras e kulaks a rexións impopulares do país, vixiou as fronteiras do estado, encargouse da espionaxe e os asasinatos políticos no estranxeiro, foi a responsable de influír nos gobernos doutros países e de facer cumprir a política estalinista dentro dos movementos comunistas doutras nacións.
Historia e estrutura
[editar | editar a fonte]Despois da Revolución de Outubro de 1917, o goberno provisional disolveu a policía do Tsar e creou militsiya do pobo. A Revolución de Outubro estableceu un novo réxime bolxevique, a República Socialista Soviética Federativa de Rusia (RSSFR), e o Ministerio de Interior converteuse (MVD) no NKVD baixo un Comisario do pobo. Porén, o aparato do NKVD estaba abrumado polas tarefas herdadas do MVD, como a supervisión dos gobernos locais e a loita contra incendios, e a forza de traballo proletaria da agora Militsiya de traballadores e labregos era moi inexperta. Ao decatarse de que non quedaba ningunha forza de seguridade competente, o Consello de Comisarios do Pobo creou unha policía política secreta, a Cheka, liderada por Felix Dzerzhinsky. Esta gañou o dereito de poder realizar xuízos rápidos non xudiciais e execucións, se se consideraba necesario co obxectivo de "protexer a revolución".
A Cheka reorganizouse en 1922 como o Directorio Político do Estado, ou GPU, do NKVD da RSSFR. En 1923 formouse a URSS coa RSFSR como o seu membro máis grande. O GPU converteuse no OGPU (Directorio Político do Estado Unificado), baixo o Consello de Comisarios do Pobo da URSS. O NKVD da RSSFR retivo o control da militsiya, ademais doutras responsabilidades.
En 1934, o NKVD da RSSFR foi tranformado nunha forza de seguridade de toda a unión, o NKVD da URSS (ao cal os líderes do Partido Comunista da Unión Soviética comezarían a chamar "o destacamento dirixente do noso partido"), e o OGPU foi incorporado no NKVD como Directorio Principal da Seguridade do Estado (GUGB); o separado NKVD da RSSFR non resucitaría ata 1946 (como o MVD da RSSFR). Como resultado, o NKVD fíxose tamén responsable de todas as instalacións de detención (incluídos os campos de traballos forzados, coñecidos como GULag) ademais de funcionar como policía regular. Ata a reestruturación comezada por Nikolai Yezhov cunha purga da policía política rexional no outono de 1936 e formalizouse por unha directiva de maio de 1939 do NKVD de toda a Unión, pola cal todos os nomeamentos da policía política local controlábanse dende o centro, houbo tensións frecuentes entre o control centralizado de unidades locais e a complicidade desas unidades con elementos locais e rexionais do partido, que moitas veces acababan frustrando os plans de Moscova.
Dende a súa creación en 1934, o NKVD da URSS experimentou moitos cambios organizativos; só entre 1938 e 1939, a estrutura do NKVD cambiou tres veces.
O 3 de febreiro de 1941, as seccións especiais do NKVD encargadas da contraintelixencia militar pasaron a formar parte do Exército e a Mariña (RKKA e RKKF, respectivamente). O GUGB foi separado do NKVD e chamado "Comisariado do Pobo para a Seguridade do Estado" (NKGB). Despois da invasión alemá, o NKVD e o NKGB volveron a xuntarse o 20 de xullo de 1941. As seccións de contraintelixencia regresaron ao NKVD en xaneiro de 1942, e en abril de 1943 foron transferidas ao Comisariado do Pobo da Defensa e da Mariña, converténdose no SMERSH (de Smert' Shpionam ou "morte aos espías"); ao mesmo tempo, o NKVD separouse novamente do NKGB.
En 1946, todos os comisariados soviéticos pasaron a denominarse "ministerios". En consecuencia, o NKVD da URSS foi denominado Ministerio de Interior (MVD), mentres que o NKGB pasou a ser Ministerio de Seguridade do Estado (MGB). Segundo un documental de radio de 1996 da emisora rusa Radio Liberty, o MGB foi reducido de ser un ministerio a ser un comité porque os líderes soviéticos temían o que puidese facer se se reanudaban as purgas. En 1953, despois do arresto de Lavrenty Beria, o MGB volveu a formar parte do MVD. Os servizos de policía e seguridade finalmente separáronse en 1954 para converterse en:
- O Ministerio de Interior da URSS (MVD), responsable da policía criminal e das instalacións penitenciarias.
- O Comité para a Seguridade do Estado da URSS (KGB), responsable da policía política, intelixencia, contra-intelixencia, protección persoal (dos líderes) e comunicacións confidenciais.