Montiel
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | |||
Provincia | provincia de Cidade Real | |||
Capital | Montiel | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.225 (2023) (4,52 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 271,29 km² | |||
Altitude | 900 m | |||
Comparte fronteira con | Alcaraz Puebla del Príncipe Villamanrique (pt) Orcera Siles Almedina (Espanha) (pt) Terrinches Santa Cruz de los Cáñamos (pt) Torre de Juan Abad Cózar Valdepeñas Villarrodrigo Bienservida Alcubillas (pt) Albaladejo Alhambra (pt) Torres de Albanchez Villanueva de los Infantes Villahermosa Fuenllana Villanueva de la Fuente Carrizosa (pt) | |||
Organización política | ||||
• Alcaldesa | Fernanda García Nogueras (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 13326 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 13057 | |||
Páxina web | manserja.org… | |||
Montiel é unha poboación do sueste da provincia de Cidade Real en España (comunidade autónoma de Castela-A Mancha). Atópase dentro da comarca do Campo de Montiel na marxe esquerda do río Jabalón e dentro do val que forman as ladeiras dos cerros do Castelo da Estrela (ás veces chamado castelo de Montiel), de San Polo e das Camarillas.
Poboación
[editar | editar a fonte]Segundo o censo electoral de 2005, tiña 1307 electores: 1296 en España e 11 no estranxeiro.
Evolución da poboación
[editar | editar a fonte]Poboación | |||
Ano | Homes | Mulleres | Total |
1996 | 888 | 880 | 1768 |
1998 | 865 | 856 | 1721 |
1999 | 865 | 856 | 1721 |
2000 | 845 | 828 | 1673 |
2001 | 839 | 827 | 1666 |
2002 | 846 | 827 | 1673 |
2003 | 854 | 836 | 1690 |
2004 | 858 | 831 | 1689 |
Historia
[editar | editar a fonte]Montiel foi escenario dun enfrontamento bélico enmarcado na Guerra dos Cen Anos e no seu conflito satélite, a Guerra Civil de Castela: a Batalla de Montiel. Nela, exércitos francocastellanos medíronse cunha alianza proinglesa liderada por Portugal. A primeira destas forzas, comandada por Henrique de Trastámara (logo Henrique II de Castela), impúxose á segunda, dirixida polo seu irmán Pedro o Cruel.
O medio irmán ilexítimo do rei Pedro I de Castela tiña pretensións ao trono de Castela. Francia apoiou o dereito do primeiro, comisionando ao seu mellor condestable para que axudase ás forzas oficialistas. Así, o gran estratego Bertrand du Guesclin cruzou os Pireneos e enfrontou a Enrique na Batalla de Montiel, no que representa a primeira guerra civil española da historia (a Guerra Civil de Castela), enmarcada nun conflito moito maior e de nivel continental: a Guerra dos Cen Anos. Esta guerra entre irmáns (en sentido literal e figurado) perpetuouse durante máis de quince anos e finalizou coa vitoria de Enrique e o asasinato de Pedro o Cruel a mans do seu irmán.
Política
[editar | editar a fonte]Nas eleccións municipais de 1999 e 2003 a repartición foi de catro edís para o PP e cinco para o PSOE. Nas eleccións municipais de 2007 a repartición foi de catro edís para o PSOE e cinco para o PP.
Alcaldía
[editar | editar a fonte]Período | Nome do alcalde | Partido Político |
1991-2007 | Bartolomeu Jiménez Moreno | PSOE |
2007-2011 | Francisco Javier Álamo Amador | PP |
Festas locais
[editar | editar a fonte]- 20 de xaneiro, San Sebastián Mártir. Patrón de Montiel.
- 3 de febreiro, San Blas.
- 8 de maio, festas en honra da Virxe dos Mártires. Patroa de Montiel.
- 15 de maio, San Isidro Labrador. Patrón dos Labradores.
- 15 de agosto, Romaría en Honra á Virxe dos Mártires.
- 14 de setembro, festas en honra do Santísimo Cristo da Expiración.