Maximiliano de Austria
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1555 Xaén, España |
Morte | 1 de xullo de 1614 (58 anos) Santiago de Compostela, España |
Arcebispo de Santiago de Compostela | |
21 de abril de 1603 – ← Juan de Sanclemente Torquemada – Juan Beltrán Guevara y Figueroa (pt) → | |
Roman Catholic Bishop of Segovia (en) | |
27 de agosto de 1601 – ← Andrés Pacheco de Cárdenas – Pedro Castro Nero (pt) → Diocese: Diocese de Segóvia (pt) | |
Bispo de Cádiz | |
23 de setembro de 1596 – ← Antonio Zapata y Cisneros (pt) – Gómez Suárez Figueroa (en) → Diocese: Diocese de Cádiz | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Alcalá (histórica) (pt) |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1597–), sacerdote católico |
Consagración | Bernardo de Sandoval y Rojas |
Familia | |
Pai | Leopoldo de Austria |
Maximiliano de Austria, nado en Xaén o 13 de novembro de 1555 e finado en Santiago de Compostela o 1 de xullo de 1614, foi un relixioso español pertencente á Casa de Austria que ocupou os cargos de abade de Alcalá la Real, bispo de Cádiz (1596-1601), bispo de Segovia (1601-1603) e arcebispo de Santiago de Compostela (1603-1614).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo natural de Leopoldo de Austria (reitor de Salamanca e bispo de Córdoba), que á súa vez era tamén fillo ilexítimo (do emperador Maximiliano I de Habsburgo); polo que Maximiliano estaba emparentado cos reis de España (sobriño de Felipe "o fermoso", primo de Carlos I -ambos xa falecidos ao nacer el- e primo segundo de Filipe II). Foi bautizado na desaparecida parroquia de San Lorenzo da cidade de Xaén, onde se anota que se bautiza a MAXIMILIANO, de pais incógnitos, cuxos compadres foron Francisco Beltrán e a súa muller. Hai unha nota á marxe que di: "O devandito foi consagrado en Xaén por Arcebispo de S. Tiago de Galizia"
Estudou na Universidade de Alcalá de Henares. En 1583 foi nomeado abade de Alcalá la Real, e en 1596 promovido por Filipe II como bispo de Cádiz en sucesión a Antonio Zapata y Cisneros,[1] onde facilitou importantes esmolas aos damnificados da toma e saqueo de Cádiz de 1596. Foi trasladado á Diocese de Segovia, tomando posesión da mesma o 8 de febreiro de 1602. Durante o seu goberno faleceu no convento das Descalzas Reais de Madrid a infanta dona María de Austria e Avis, por quen o novo bispo celebrou exequias na catedral de Segovia. Abandonou a diocese cando foi trasladado á de Santiago de Compostela, onde finalmente faleceu a principios de 1614.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Episcopologio da Diocese de Cádiz e Ceuta". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2016. Consultado o 04 de xuño de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Historia de la insigne ciudad de Segovia y compendio de las historias de Castilla Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. de Diego de Colmenares (1637), capítulo XLVII.
- Gómez Bravo, Juan (1778). Catálogo de los Obispos de Córdoba y Breve noticia histórica de su Iglesia Catedral y Obispado Córdoba: imprenta de Juan Rodríguez.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catholic-hierarchy. «Archbishop Maximiliano de Austria †» Consultado o 5 de outubro de 2010.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Antonio Zapata y Cisneros |
Bispo de Cádiz 1596 - 1601 |
Sucesor: Gómez Suárez de Figueroa |
Predecesor: Andrés Pacheco |
Bispo de Segovia 1601 - 1603 |
Sucesor: Pedro de Castro y Nero |
Predecesor: Juan de Sanclemente y Torquemada |
Arcebispo de Santiago de Compostela 1603 - 1614 |
Sucesor: Juan Beltrán Guevara y Figueroa |