Mastodinia
Mastodinia | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
DiseasesDB | 22464 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A mastodinia[1] é o termo médico que se emprega para chamar á dor que se presenta nas glándulas mamarias.
Frecuencia
[editar | editar a fonte]A mastodinia é moi adoita na muller cando se teñen períodos menstruais. Indícanse os resultados dende 50 até 100% en países de occidente.
Síntomas
[editar | editar a fonte]A dor mamaria varía de forma importante en canto a gravidade, a cal pode ir dende leve a moi intensa. A maioría dos casos, até un 60% son formas leves, mais en ocasións é tan grave que ocasiona incapacidade para levar unha vida normal, xa que interfere no traballo, vida sexual ou no sono.
A dor pódese clasificar en cíclica e non cíclica, a primeira é aquela que se relaciona coa menstruación e se presenta ó redor de 5 días previos á mesma. Este é máis frecuente en mulleres novas menores de 40 anos. A dor non cíclica preséntase en calquera período da muller e é máis frecuentemente despois dos 40 anos.
A dor obedece a algunhas patoloxías da muller, entre as cales se atopa a mastopatía fibroquística que son cambios que se atopan no parénquima mamario que substitúen o tecido mamario normal por fibrose e zonas de quistes. Esta patoloxía é unha das que máis ocasiona a dor mamario.
Tamén hai algúns alimentos que poden ocasionar dor, como os que conteñen metilxantinas (cafeína, té, chocolates e bebidas gasosas) ou alimentos con altos contidos de graxas. Algúns medicamentos como as usadas para a asma ou a doenza pulmonar obstrutiva, ou aqueles que conteñen hormonas tamén poden ser causantes de mastodinia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrada mastodinia en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2018. Consultado o 02 de maio de 2018.