María Amelia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de decembro de 1911 ![]() Corcubión, España ![]() |
Morte | 20 de maio de 2009 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | blogueira ![]() |
Maria Amelia López Soliño, coñecida como Maria Amelia, nada o 23 de decembro de 1911 en Muxía e finada o 19 de maio de 2009, foi unha blogueira galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viviu en Muxía, Corcubión e A Coruña, nesta última cidade durante case setenta anos.
En decembro de 2006, polo seu 95 aniversario, un neto regaloulle un blog que a levaría á fama. Durante un tempo estivo considerado a blogueira máis vella de España, e a partir de xullo de 2008, a blogueira máis vella do mundo, se ben este non é un récord constrastado.
En 2007 conseguiu un premio BOB[1] ao mellor blog escrito en castelán. No blog, titulado A mis 95, combinaba texto, vídeo e gravacións, fundamentalmente de opinións persoais. Simpatizante do PSdeG, participou en campañas electorais e foi recibida por José Luis Rodríguez Zapatero, o presidente do goberno de España.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Una abuela gallega de 95 años, la mejor bloguera en español" Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine., La Vanguardia, 15 de novembro de 2007 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A mis 95, o blog de María Amelia.