Saltar ao contido

Manuel Rico Sinobas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Rico Sinobas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1819 Editar o valor en Wikidata
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Morte21 de decembro de 1898 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísico, médico, profesor titular Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Valladolid
Universidade Central Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosTomás Rico Valarino Editar o valor en Wikidata

BNE: XX967398

Manuel Rico Sinobas, nado en Valladolid o 26 de decembro de 1819 e finado en Madrid o 20 de decembro de 1898,[1] foi un físico e médico español, un dos pioneiros no estudo da meteoroloxía en España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutor en Medicina e en Ciencias físicas, dedicouse preferentemente a esta última especialidade e foi durante moitos anos catedrático de física superior da Universidade Central de Madrid. Pertenceu á Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais (da que foi vicepresidente) coa medalla número 35 e tomou posesión o 3 de xullo de 1859,[2] e á de Medicina,[2] coa medalla número 21, e da que tomou posesión dende o 22 de maio de 1861[1] até a súa morte.

Destacou fundamentalmente no estudo da meteoroloxía e foi o primeiro investigador da climatoloxía histórica española,[3] pois foi quen de organizar unha recompilación sistemática de fichas con datos de diversas estacións e sistematizou as observacións realizadas entre 1800 e 1850, recollidas en fontes documentais.[3]

  1. 1,0 1,1 "1861 - Rico Sinobas, Manuel". ranm.es (Real Academia Nacional de Medicina). Consultado o 08-10-2017. 
  2. 2,0 2,1 "Excmo. Sr. D. MANUEL RICO Y SINOBAS". rac.es (Real Academia de Ciencias). Arquivado dende o orixinal o 01-08-2017. Consultado o 09-10-2017. 
  3. 3,0 3,1 Mariano, Barriendos (Coord.) (2000). La reconstrucción del clima de época preinstrumental (V Reunión Nacional de Climatología. Asociación de Geógrafos Españoles). Santander: Servicio de publicaciones Universidad de Cantabria. p. 17. ISBN 84-8102-249-7. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]