Manuel Doval Lemat
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1901 ![]() Cambre, España ![]() |
Morte | 18 de abril de 1946 ![]() Cambre, España ![]() |
Causa da morte | homicidio ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xastre, político ![]() |
Partido político | Confederación Española de Derechas Autónomas Falange Española Tradicionalista y de las JONS ![]() |
Manuel Doval Lemat, nado en Cambre o 1 de marzo de 1901 e finado no mesmo concello o 18 de abril de 1946, foi un xastre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xastre. Foi nomeado axente executivo para a recadación de arbitrios municipais na ditadura de Primo de Rivera.[1] Na República foi presidente da CEDA. Posteriormente fíxose falanxista, foi xefe local de FET y de las JONS en 1937 e xefe local do Movemento de Cambre ata a súa destitución polo Xefe provincial en outubro de 1944.[2] Tamén foi xuíz de paz en Cambre. O 18 de abril de 1946 foi asasinado polo grupo guerrilleiro de Manuel Bello Parga, Francisco Rey Balbís e Marcelino Rodríguez Fernández, acusado de ser un dos paseadores.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Celia Pernas Ramos e foi pai de Manuel, Celia, José Luis, María del Carmen e Francisco Doval Pernas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Ideal Gallego, 2-10-1924, p. 4.
- ↑ La Voz de Galicia, 21-10-1944, p. 2.