Manuel Castro Álvarez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1911 Pantón, España |
Morte | 16 de agosto de 1936 (24/25 anos) Piñeira, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | labrego |
Manuel Castro Álvarez, nado en Pantón cara a 1911 e finado en Piñeira (Monforte de Lemos) o 16 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Vilamelle. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polos falanxistas e asasinado en Piñeira o 16 de agosto de 1936 xunto con Ramón Bou Gil e José Ramón González Vidal. Abriron a causa militar 1327/36 contra elementos das forzas da orde pola súa morte, que foi sobresida.