Lingua tuyuca
Tuyuca | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Docapúaraye | |
Falado en: | Colombia e o Brasil | |
Rexións: | Amazonas | |
Total de falantes: | 1 000 (1983–2006) | |
Familia: | Tucano Oriental Central Bara Tuyuca | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | tue
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua tuyuca[2] (tamén chamada dochkafuara, tejuca, tuyuka, dojkapuara, doxká-poárá, doka-poara, ou tuiuca) é unha lingua tucana oriental falada polo pobo tuyuca. Os tuyuca son un pobo indíxena composto por unhas 1000 persoas que habitan a carón dos ríos Papuri, Inambú e Tiquié, no departamento colombiano de Vaupés, así como no estado brasileiro de Amazonas.
Gramática
[editar | editar a fonte]O tuyuca é unha lingua postposicional, aglutinante e de tipoloxía suxeito obxecto verbo.[3] Emprega cinco paradigmas de evidencialidade: visual, non visual, aparente, de segunda man, e asumido, aínda que a evidencialidade de segunda man só existe no tempo pasado e a aparente non aparece na primeira persoa en tempo presente.[4] Estímase que a lingua ten entre 50 e 140 clases de substantivos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Agreement in tuyuca" (PDF). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 09 de setembro de 2017. Consultado o 06 de abril de 2018.
- ↑ "Evidentiality_and_Mirativity". Consultado o 5 de abril de 2018.
- ↑ Janet Barnes (1984). "Evidentials in the Tuyuca verb." International Journal of American Linguistics 50, pp. 255–71.
- ↑ The Economist, ed. (17 de decembro de 2009). "Difficult Languages: Tongue Twisters - In search of the world’s hardest language". Consultado o 23 de decembro de 2009.