Julio Álvarez Mosquera
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1981 (43 anos) Caracas, Venezuela | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 71 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1997 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Julio Álvarez Mosquera, nado en Caracas (Venezuela) o 1 de maio de 1981, é un exfutbolista e adestrador galego. Xogaba de centrocampista.
Fillo de emigrantes galegos en Venezuela, aos catro anos a súa familia volveu a Galicia, onde Julio desenvolveu unha longa carreira como futbolista, con 18 tempadas e case 500 partidos como profesional entre Primeira e Segunda División. Destacou especialmente no Numancia, club no que xogou nove tempadas e do que é o máximo goleador histórico.
Foi internacional coas seleccións de Venezuela e Galicia, así como coas categorías inferiores da selección española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Comezos (1981-2000)
[editar | editar a fonte]Fillo de emigrantes galegos en Venezuela, a súa familia regresou a Galicia cando el tiña catro anos, instalándose en Sada.[1][2] Comezou a xogar ao fútbol no Rayo Sadense e logo pasou ao Ural,[3] onde anotou 31 goles na tempada 1996/97, chamando a atención do Deportivo da Coruña, que o incorporou ás súas categorías inferiores no verán de 1997.[4]
Na súa primeira tempada no Deportivo, sendo aínda xuvenil, debutou co Fabril na Segunda División B da man de Carlos Ballesta, nun partido contra o Cacereño en febreiro de 1998.[5] Xogou varios partidos máis co filial coruñés esa tempada e ao remate desta fichouno o Real Madrid.[6]
Xogou cos filiais brancos de Segunda División B e Terceira División, e disputou algún amigable co primeiro equipo.
Racing de Santander (2000-2002)
[editar | editar a fonte]No ano 2000 foi cedido ao Racing de Santander, de Primeira división.[7] O seu debut en Primeira produciuse na xornada 3 da tempada 2000/01, fronte ao FC Barcelona no Camp Nou, xogando como titular. O seu balance no seu primeiro ano en Santander foi de 16 encontros e un gol, logrado na Copa do Rei fronte ao Burgos CF, nunha campaña na que o Racing acabou perdendo a categoría. Ao ano seguinte o Real Madrid volveuno ceder ao equipo cántabro, que logrou ascender de novo, contribuíndo Julio Álvarez con 34 partidos e o seu primeiro gol na Segunda División na vitoria por 0-4 contra o Córdoba.[8]
Rayo Vallecano (2002-2003)
[editar | editar a fonte]Na tempada 2002/03 volveu saír cedido, esta vez ao Rayo Vallecano por petición expresa do adestrador Fernando Vázquez.[9] Alí anotou 8 goles, tres deles nun triplete contra o seu ex equipo, o Racing de Santander, no Teresa Rivero, pero que foron insuficientes para que o equipo conseguise a permanencia.[10]
Real Murcia (2003-2006)
[editar | editar a fonte]En xullo de 2003 foi traspasado ao Real Murcia, que volvía estar en Primeira 15 anos despois.[11] Militou no club murciano tres anos, xogando 73 partidos e marcando 7 goles.
1ª etapa no Numancia (2006-2008)
[editar | editar a fonte]En 2006 fichou polo CD Numancia, equipo no que xogou un papel clave na tempada 2007/08, na que o equipo dirixido por Gonzalo Arconada se proclamou campión da categoría e logrou o ascenso matemático a falta de catro xornadas.[12][13]
Almería (2008-2009)
Tras terminar contrato co Numancia, o mesmo ano do ascenso, fichou pola UD Almería, seguindo a Arconada, o novo técnico do equipo andaluz.[14] Gozou da titularidade na primeira parte da tempada pero perdeuna coa chegada ao banco de Hugo Sánchez,[15] co que non conxeniou, rescindindo o seu contrato ao remate da campaña.[16][17]
RCD Mallorca (2009-2010)
[editar | editar a fonte]Despois de deixar Almería asinou por un ano polo Real Mallorca de Gregorio Manzano. Na illa realizou unha das súas mellores campañas, rematando con 7 goles e co equipo clasificado na quinta posición da Primeira División, a un só punto dos postos de Liga de Campións.
CD Tenerife (2010-2011)
[editar | editar a fonte]Na tempada 2010/11 asinou por tres anos co Tenerife, en Segunda División, onde se encontrou por terceira vez co adestrador Arconada.[18] Con todo, Arconada foi só o primeiro dos cinco técnicos da tempada no equipo canario, que caeu ata a Segunda División B. O club entrou nun ERE e o futbolista fixo de novo as maletas cara a Península.[13]
2ª etapa no Numancia (2011-2018)
[editar | editar a fonte]En agosto de 2011 anunciouse o seu regreso a Soria para xogar de novo no Numancia, onde coincidiu co seu ex compañeiro do Ural, Nano.[19][20] Esta segunda etapa no club prolongouse durante 7 anos, nos que se converteu no máximo goleador da historia do club, con 57 goles.[21] Ademais na tempada 2013/14 foi elixido mellor xogador da Segunda División.[21][22] Despois dunha última tempada na que apenas puido xogar por mor dunha lesión no nocello que o levou ao quirófano, colgou as botas en 2018, con 264 partidos disputados co equipo soriano.[21]
Seleccións nacionais
[editar | editar a fonte]Foi internacional en varias categorías inferiores da selección española. En 1998 participou coa sub-16 no Campionato Europeo en Escocia, conseguindo o terceiro posto. Ao ano seguinte conquistou coa sub-17 a Meridian Cup en Cidade do Cabo. Posteriormente xogou tamén na sub-18 e na sub-21.
En 2005 foi un dos integrantes da selección galega no histórico encontro que esta disputou contra o Uruguai no estadio de San Lázaro, inaugurando unha nova etapa do combinado galego. Xogou tamén os seguintes partidos contra Ecuador, o Camerún e Irán.
En outubro de 2011 debutou coa selección de Venezuela, despois de que se anulase a norma da FIFA que impedía xogar coa selección absoluta dun país despois de ter representado a outra nas categorías inferiores. Fíxoo contra a selección arxentina, nun partido de clasificación para o Mundial de 2014.[2] Xogou un total de catro partidos coa selección venezolana.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Na tempada 2019/20 foi o segundo adestrador de Jon Pérez Bolo na SD Ponferradina.[23]
Familia
[editar | editar a fonte]É irmán do exfutbolista e adestrador Javi Álvarez, que foi internacional coa selección española de fútbol praia.[24]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]Numancia
[editar | editar a fonte]- Segunda división (1): 2008.
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]Selección española sub-17
[editar | editar a fonte]- Meridian Cup (1): 1999
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Julio Álvarez: En Soria me he reencontrado con el futbolista que quiero ser". El Correo Gallego (en castelán). 7 de novembro de 2007. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Carretero, Rodrigo (14 de outubro de 2011). "Escudo 'vinotinto', corazón rojo". El País (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ Barreiros, Pedro J. (3 de xullo de 2008). "El gallego Julio Álvarez jugará en Primera con el Almería". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ P. L., Toño (16 de agosto de 1997). "«Los equipos se están olvidando de la cantera»". La Voz de Galicia (en castelán). p. 34.
- ↑ "Ballesta pierde la paciencia". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 1 de marzo de 1998. p. 70.
- ↑ "El Deportivo podría romper las relaciones con el Real Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de agosto de 1998. p. 35.
- ↑ "Biografía de Julio Álvarez Mosquera" (en castelán). 5 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "Julio Álvarez: "He rechazado ofertas de Primera por jugar en el Racing"". As (en castelán). 6 de agosto de 2001. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "Julio Álvarez, cedido al Rayo Vallecano por una temporada". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de agosto de 2002. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ Díaz Madrid, Carlos (23 de setembro de 2002). "Julio Álvarez y su «hat trick» llevan al Rayo a una victoria justa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "El Real Murcia ficha a Luis García y Julio Álvarez" (en castelán). 15 de xullo de 2003. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "El Numancia regresa a Primera". El País (en castelán). 18 de maio de 2008. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ 13,0 13,1 "Segunda etapa del gallego Julio Álvarez en el Numancia". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de agosto de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "El Almería ficha a Julio Álvarez" (en castelán). 3 de xullo de 2008. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ Adrover, S. (21 de setembro de 2009). "Julio Álvarez olvida su pesadilla" (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "Julio Álvarez rescinde su contrato con el Almería". Marca (en castelán). 29 de agosto de 2009. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "Julio Álvarez confirma sus diferencias con Hugo en el Almería". El Correo Gallego (en castelán). 31 de agosto de 2009. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "El coruñés Julio Álvarez jugará en el Tenerife las tres próximas temporadas". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xullo de 2010. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "Julio Álvarez regresa al Numancia". Marca (en castelán). 11 de agosto de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "Julio Álvarez y Nano, el reencuentro". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de setembro de 2011. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 "Julio Álvarez, el adiós de la leyenda del Numancia y de Segunda". Marca (en castelán). 13 de xullo de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "Julio Álvarez seguirá vinculado al mundo del fútbol" (en castelán). 24 de xullo de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "La Deportiva busca segundo entrenador tras la salida de Julio Álvarez" (en castelán). 23 de xullo de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2021.
- ↑ "El fútbol según la familia Álvarez". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xuño de 2016. Consultado o 27 de marzo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1981
- Nados en Caracas
- Futbolistas da provincia da Coruña
- Futbolistas de Venezuela
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Real Madrid C
- Xogadores do Real Madrid Castilla
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores do Real Murcia
- Xogadores do CD Numancia
- Xogadores da UD Almería
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do CD Tenerife
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores da selección de fútbol de Venezuela
- Venezolanos de ascendencia galega