José de la Peña de Toro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Salamanca |
Morte | 1676 Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Diccionario enciclopédico galego universal Enciclopedia Galega Universal |
José de la Peña de Toro, nado en Salamanca e finado en Santiago de Compostela en 1676, foi un arquitecto e mestre de obras castelán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou no Convento de Santo Estevo de Salamanca. Clasicista, posteriormente evolucionou cara ó barroco.[2] Chamado polos monxes beneditinos, en 1652 trasladouse a Santiago de Compostela onde continuou as obras do Mosteiro de San Martiño Pinario. En 1656, a Universidade contratouno para construír o claustro do Colexio de San Xerome.[1]
Dirixido polo cóengo José Vega y Verdugo, de 1658 a 1672 traballou na Catedral de Santiago de Compostela (Pórtico Real da Praza da Quintana, Porta Santa ou dos Perdóns, Porta dos Abades, ciborio e coroación das ábsidas e Torre das Campas da Fachada do Obradoiro), sucedendo, en 1664, como mestre de obras ao portugués Francisco de Antas, que finou nese ano.[3]
Fixo, tamén, a capela de Santa Tareixa (logo chamada da Soidade) na igrexa parroquial de Santa María Salomé, a capela de San Xosé na Igrexa da Compañía de Xesús de Santiago, hoxe igrexa da Universidade, e a capela de San Miguel na igrexa de Santa Baia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa).[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Peña de Toro, José". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ "Peña de Toro, José de la". Diccionario enciclopédico galego universal 48. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 78. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ Bonet Correa, Antonio (1984). La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII. IEGPS (en castelán) (CSIC). ISBN 84-00-02646-2.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal 13. Ir Indo. 1999-2002. p. 350. ISBN 84-7680-288-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anguita Herrador, Rosario (2010). El arte barroco español Encuentro. ISBN 978-84-9920-503-8.