Jan Santaló
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1994 (30 anos) |
Alcalde de L'Ametlla del Vallès | |
2023 – ← Pep Moret i Tanyà (pt) Electo en: Eleccións municipais de España de 2023 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Politécnica de Cataluña Universidade de Barcelona Universidade de Copenhague |
Actividade | |
Ocupación | político |
Empregador | Universidade Autónoma de Barcelona |
Jan Santaló i Lloret, nado o 27 de novembro de 1994, é un político catalán, alcalde de L'Ametlla del Vallès dende xuño de 2023.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Enxeñaría Industrial na Universidade Politécnica de Cataluña e complementou os seus estudos cun mestrado en economía na Universidade de Barcelona (UB) e outro na Universidade de Copenhague. Despois traballou nunha empresa catalá do sector ferroviario, nunha multinacional do sector da automoción e como profesor de economía na Universidade Autónoma de Barcelona.
Concelleiro na oposición dende 2017, inicialmente con Esquerra Republicana,[1] presentouse en solitario coa lista de Ametlla't ás eleccións municipais de maio de 2023, obtendo 6 dos 13 concelleiros.[2][3] Foi investido alcalde o 17 de xuño de 2023.[4] A oposición municipal fana Junts per Catalunya e Esquerra Republicana.
Dentro do seu plan de goberno anunciou un novo plan urbanístico, a mellora da vía pública, o novo modelo de recollida selectiva de residuos ou a recuperación da actividade do complexo deportivo municipal de Can Camp.[4]
Ameazas en 2023
[editar | editar a fonte]En maio de 2023, en plena campaña electoral, uns descoñecidos romperon a fiestra do seu coche, saqueárono e no seu interior deixaron unha nota que dicía "Vamos a por tí".[5] En outubro de 2023, uns descoñecidos entraron no seu piso e saqueárono mentres estaba nunha xunta municipal.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ajuntament de l'Ametlla del Vallès (ed.). "Ja tenim aquí el Diari de l'Ametlla de juliol" (en catalán). Consultado o 2023-11-03.
- ↑ "Jan Santaló: “El porta a porta no és el sistema que l’Ametlla mereix ni necessita”". Consultado o 2023-11-03.
- ↑ Ajuntament de l'Ametlla del Vallès (ed.). "Jan Santaló, nou alcalde de l’Ametlla del Vallès" (en catalán). Consultado o 2023-11-03.
- ↑ 4,0 4,1 "Jan Santaló, nou alcalde de l’Ametlla com a cap de la llista més votada". Consultado o 2023-11-03.
- ↑ 324cat, ed. (2023-10-31). "Uns desconeguts entren i regiren el pis de l'alcalde de l'Ametlla del Vallès quan era al ple municipal" (en catalán). Consultado o 2023-11-03.
- ↑ Agència Catalana de Notícies (ed.). "Uns desconeguts entren i regiren el pis de l'alcalde de l'Ametlla del Vallès quan era al ple municipal". Consultado o 2023-11-03.