Saltar ao contido

Horda de Ouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHorda de Ouro
Uluğ Ulus (tr)
Олуг Олыс (tt) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°N 60°L / 50, 60
CapitalSarai (pt) Traducir
Sarai Berke (pt) Traducir
Bolgar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialTurki (en) Traducir
Lingua uigur
Língua chagatai (pt) Traducir
Lingua mongol
quipchaco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónTengrismo, Cristianismo ortodoxo, Islam, Xamanismo e budismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie6.000.000 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1243 Editar o valor en Wikidata
Disolución1502 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía electiva
monarquía Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoKurultai , Editar o valor en Wikidata
Moedadang (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

A Horda de Ouro, autodenominada como Ulug Ulus, lit. 'Grande Estado' en turco,[1] foi un khanato orixinalmente mongol, e despois turquificado, que se estabeleceu no século XIII e deu orixe ao sector máis occidental do Imperio Mongol.[2] Coa división do Imperio Mongol en 1259 converteuse nun khanato funcionalmente separado. Tamén é coñecido como o Khanato Kipchak ou como o Ulus de Jochi.[3]

Despois da morte de Batu Khan (o fundador da Horda de Ouro) en 1255, a súa dinastía floreceu durante todo un século, até 1359, aínda que as intrigas de Nogai provocaron unha guerra civil parcial a finais da década de 1290. O poder militar da Horda alcanzou o seu máximo durante o reinado de Uzbeg Khan (1312–1341), quen se converteu ao islam. O territorio da Horda de Ouro no seu cumio estendíase dende Siberia e Asia Central até Europa Oriental dende os Urais até o Danubio polo leste, e dende o mar Negro até o mar Caspio polo sur, mentres limita coas montañas do Cáucaso e os territorios da dinastía mongol coñecida como Ilkanato.[3]

  1. "The History and Culture of the Golden Horde (Room 6)". The State Hermitage Museum, Sankt Petersburg. Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  2. Perrie, Maureen, ed. (2006). The Cambridge History of Russia: Volume 1, From Early Rus' to 1689. Cambridge University Press. p. 130. ISBN 978-0-521-81227-6. 
  3. 3,0 3,1 "Golden Horde". Encyclopædia Britannica. 2007. Tamén chamado Khanato de Kipchak designación rusa para o Ulus de Juchi, a parte occidental do Imperio Mongol, que floreceu dende mediados do século XIII até finais do século XIV. O pobo da Horda de Ouro era principalmente unha mestura de pobos turcos e urálicos e sármatas e escitas e, en menor medida, mongois, sendo estes últimos en xeral a aristocracia. Distingue o Khanato Kipchak da anterior Confederación Cuman-Kipchak na mesma rexión que dominara anteriormente, antes da súa conquista polos mongois. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]