Lingua hokkien
Hokkien 福建話 / 福建话 | ||
---|---|---|
Falado en: | República Popular da China e Taiwán | |
Total de falantes: | máis de 45 millóns | |
Familia: | Sino-tibetana Sinítica Chinés Min Min do sur Hokkien | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Taiwán | |
Regulado por: | Ministerio de Educación de Taiwán | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | nan
| |
Mapa | ||
Distribución das linguas min do sur, co hokkien en verde escuro. | ||
Status | ||
A lingua hokkien é unha variedade das linguas min do sur, nativa da rexión de Minnan, no sueste da provincia de Fujian (China). Tamén é coñecida como lingua quanzhang (chinés tradicional e simplificado: 泉漳; pinyin: quánzhāng), polos primeiros caracteres dos centros urbanos de Quanzhou e Zhangzhou.
Os dialectos de hokkien de Taiwán teñen a consideración de lingua nacional na illa. O hokkien tamén se fala en moitas comunidades da diáspora chinesa en Singapur, Malaisia, Filipinas, Indonesia, Camboxa, Myanmar, Hong Kong, Tailandia, Brunei ou Vietnam, entre outros. A intelixibilidade do hokkien varía segundo os dialectos, mais posúen unha identidade etnolingüística compartida.
Na rexión do sueste asiático, o hokkien actuou como unha lingua franca entre as comunidades chinesas en ultramar. Na actualidade, continúa a ser a lingua chinesa máis falada na rexión, incluíndo Singapur, Malaisia, Filipinas, Indonesia e Brunei. Isto tamén se aplica, en menor medida, no sueste asiático continental.[1] Como resultado desta influencia histórica, existen préstamos do hokkien en moitas linguas do mundo, como o inglés, o tagalog, o betawi, o indonesio, o malaio, o mandarín, o castelán, o holandés ou o xaponés, entre outros.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- West, Barbara A. (2009). Encyclopedia of the Peoples of Asia and Oceania (en inglés). Facts on File. ISBN 978-0-816-07109-8.