Helena Villar Janeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1940 (84 anos) Becerreá, España |
Presidenta Fundación Rosalía de Castro | |
2005 – 2012 ← Carlos Baliñas – Anxo Angueira → | |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras, poes��a e literatura infantil e xuvenil |
Lugar de traballo | Galicia |
Ocupación | escritora, poetisa |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, narrativa e ensaio |
Familia | |
Cónxuxe | Xesús Rábade Paredes |
Fillos | María do Cebreiro, Abe Rábade |
Premios | |
| |
Helena Villar Janeiro, nada en Becerreá o 28 de setembro de 1940, é unha escritora galega. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2017.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid, exercendo como profesora de ensino primario e secundario, acabando a súa carreira profesional en Santiago de Compostela. Como escritora cultiva varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. Pertenceu ao colectivo poético Cravo Fondo. Dende 2005 ata 2012 foi presidenta da Fundación Rosalía de Castro e tamén, nese mesmo período, membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.
Casada co escritor Xesús Rábade, é a nai da poeta María do Cebreiro e do músico de jazz Abe Rábade.
Traballou en fotografía, tendo participado en varias exposicións.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Alalás, 1972, edición da autora.
- Rosalía no espello, 1985, Patronato Rosalía de Castro.
- Festa do corpo, 1994, Deputación da Coruña.
- Album de fotos, 1999, Espiral Maior.
- Nas hedras da clepsidra, 1999, Ediciós do Castro.
- Pálpebra azul, 2003, PEN Clube de Galicia.
- Remontar o río, 2014.
- Poesía mínima./Minimal Poetry, 2018, Alvarellos Editora
- De rosa antiga. 50 anos de poesía (1972-2022) (2022). Vigo: Galaxia. 154 páxs. ISBN 978-84-9151-922-5.[2]
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- O día que choveu de noite, 1985, Galaxia. Traducida ao castelán,[3] ao catalán[4] e ao éuscaro.[5]
- Viaxe a Illa Redonda, 1987, Galaxia.
- Vermiño, 1988, Galaxia. Traducida ao castelán,[6] ao catalán,[7] ao éuscaro[8] e ao aranés.[9]
- A cidade de Aldara, 1989, Casals.
- Ero e o capitán Creonte, 1989, S. M.
- Patapau, 1989, Ir Indo.
- A canción do rei, 1992, Galaxia.[10]
- Don Merlo con chaqueta, 1993, Xerais.
- Contos do paxaro azul, 1994, Sotelo Blanco.
- Novos contos para nenos, 1994, Citania.
- A voda do papá, 1994, Obradoiro.
- A campá da lúa, 1999, Xerais.
- O avó de Pipa, 2000, Bruño. Traducida ao castelán.[11]
- Belidadona, 2003, Edelvives.
- Na praia dos lagartos, 2004, Ediciós do Castro.
- Raúl, 2005, Galaxia.
- Rosalía, 2006, Fundación Rosalía de Castro. Biografía para nenas e nenos.
- O souto do anano, 2007, Obradoiro-Santillana.
- Un rato na casa, 2008, Galaxia.
- O caderno de Edua, 2010, Xestión Literaria Galega. Reeditada por Sushi Books en 2015. Traducida ao éuscaro.[12]
- As señoras cousas, 2014, Galaxia.
- Contos do Sol e da Lúa, 2017, Alvarellos.
- Fina a pirata (2019). Galaxia. 40 páxs. ISBN 978-84-9151-354-4.
- A fuga de Guillermo (2021). Galaxia. 72 páxs. ISBN 978-84-9151-610-1.
- Alba (2021). Vigo: Galaxia. 40 páxs. ISBN 978-84-9151-635-4. Ilustracións Abi Castillo.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- O enterro da galiña de Domitila Rois, 1991, Galaxia.
- A tarde das maletas, 1992, Contos do Castromil.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Os equipos de normalización lingüística nos centros de ensino, 1993, Xunta de Galicia.
- Delas, 1999, Toxosoutos.
- Paseos literarios, 2001, Xunta de Galicia.
- Feminino plural, 2003, El Correo Gallego.
- O sabor da terra, 2005, Galaxia.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]Obras con Xesús Rábade Paredes
[editar | editar a fonte]- Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno, 1979, Patronato Rosalía de Castro. Edición corrixida no 2008 a cargo da Fundación Rosalía de Castro. Para nenos.
- Lección conmemorativa sobre Rosalía de Castro, 1980, Patronato Rosalía de Castro. Para nenos.
- Morrer en Vilaquinte, 1980, Universidade de Santiago de Compostela. Reeditado en 1992 na Biblioteca 114. Narrativa.
- O sangue na paisaxe, 1980, Edicións do Cerne. Poesía.
- No aló de nós, 1981, Universidade de Santiago de Compostela. Poesía.
- Viaxe e fin de don Frontán, de Rafael Dieste, 1982, Ediciós do Castro. Tradución.
- Contos de nós e da xente, 1983, S. M. Literatura infanto-xuvenil.
- Cantan os nenos (O libro de María), 1984, Xunta de Galicia. Cancións para nenos.
- Cabeleira de pedra, 1993, Consorcio da Cidade de Santiago, con tradución multilingüe.[13] Reeditado en 2004. Poesía.
- Eduardo Blanco Amor con Auria ó fondo, 1993, Xunta de Galicia.
- Símbolos de Galicia, con vídeo, 1993, Ophiusa.
- Poemas, de Rosalía de Castro, 2002, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.
- Dona e Don, 2004, Galaxia. Literatura infanto-xuvenil.
- Follas Novas/Hojas Nuevas, de Rosalía de Castro, 2004, Fundación Rosalía de Castro. Tradución en antoloxía bilingüe.
- Versos a Compostela, de Rosalía de Castro, 2008, Consorcio de Santiago/Alvarellos. Tradución.
Outras obras colectivas (escolma)
[editar | editar a fonte]- Cravo fondo, 1977, Follas Novas Edicións. Poesía.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- 8 contos, 1989, Xunta de Galicia. Literatura infanto-xuvenil.
- Contos eróticos / Elas, 1990, Xerais. Narrativa.
- Contos de hogano, 1992, El Correo Gallego. Narrativa.
- Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991), 1992, Ediciós do Castro. Narrativa.
- Berra liberdade, 1996, Galaxia. Relato.
- Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas, 1997, Fundación Rosalía de Castro. Poesía.
- E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia. Literatura infanto-xuvenil.
- Ninguén está só, 2001, Tris Tram. Narrativa.
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia. Poesía.
- Un futuro para a lingua, 2002, Xunta de Galicia. Ensaio.
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega. Poesía.
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003. Poesía.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Poesía.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais. Narrativa.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior. Poesía.
- Palabra por Palabra. Contos da Policía, 2003, Ir Indo. Narrativa.
- 23 poetas cantan a don Antonio Machado, 2004, Hipocampo. Poesía.
- Catro contos para unha data, 2004, Xunta de Galicia. Narrativa.
- Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas, 2004, Xunta de Galicia. Literatura infanto-xuvenil.
- Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
- Amor en feminino: antoloxía das poetas galegas de Rosalía á Xeración dos 80, 2006, Baía Edicións. Edición de Maximino Cacheiro Varela.
- Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
- Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia. Poesía.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Quen casa ten de seu: cinco contos na casa de Rosalía, 2009, Fundación Rosalía de Castro. Literatura infanto-xuvenil.
- Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. Poesía.
- Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas. Poesía.
- Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico. Colaboración fotográfica.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Poesía.
- Unha cesta de pombas e mazás. Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, 2013, Academia Real Isaac Díaz Pardo. Poesía.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. Poesía.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. Poesía.
- Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Poesía.
- De Cantares Hoxe. Os Cantares gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega. Poesía.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Coedición con Suso Díaz. ISBN 978-84-15086-51-2
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais. Aforismos.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos. Poesía.
- O libro dos libros (2018, Galaxia), co relato "Evolucións".[14]
- En el vuelo de la memoria. Antología para Ángel Campos Pámpano. (Editora Regional de Extremadura, 2018).
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Patronato Rosalía de Castro para Mestres e Pedagogos en 1979, pola obra en común con Xesús Rábade Paredes Símbolos de Galicia. A bandeira, o escudo e o himno.
- Premio Galicia de Narrativa da Universidade de Santiago no 1980, pola obra en común con Xesús Rábade Paredes Morrer en Vilaquinte.
- Premio Galicia da Universidade de Santiago no 1981, pola obra en común con Xesús Rábade Paredes No aló de nós.
- Premio Manuel Antonio no 1981, pola obra en común con Xesús Rábade Paredes O sangue na paisaxe.
- IV Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1991, por Nas hedras da clepsidra.
- Premio Modesto R. Figueiredo no 1991, por O cadro.
- Accésit do Premio de poesía Miguel González Garcés no 1994, por Festa do corpo.
- Premio Arume de literatura infantil outorgado pola Fundación Xosé Neira Vilas no 2003, por Na praia dos lagartos.
- Foille adicado un Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés, en conxunto con Xesús Rábade Paredes.
- Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2016.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Membros da Rel Academia Galega. Correspondentes
- ↑ Villar, Miro (xaneiro, febreiro, marzo, 2023). "Desde o revés do tempo e a memoria". Grial LXI (237): 93–94. ISSN 0017-4181.
- ↑ "El día que llovió de noche". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "El día que va ploure de nit". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Gauez euria egin zueneko eguna". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Gus, el gusanillo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "El cuc Cucoi". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Pinpirin hartxoa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Bernat, eth vèrme". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. p. 74-75. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ "El abuelo de Pipa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Eduaren koadernoa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Helena Villar". www.aelg.gal. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "O libro dos libros". Editorial Galaxia. Consultado o 5/12/2018.
- ↑ P, E (13 de febreiro de 2016). "A Asociación de Escritores en Lingua Galega premia á lucense Helena Villar Janeiro". El Progreso. Consultado o 18 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Villar Janeiro, Helena". Diccionario enciclopédico galego universal 59. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 99. ISBN 84-7680-429-6.
- "Villar Janeiro, Helena". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2181. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Villar Janeiro, Helena". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. 1999-2002. p. 390. ISBN 84-7680-288-9.
- "Villar Janeiro, Helena". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Alvarellos Iglesias, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 330. ISBN 84-85311-96-5.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 599. ISBN 84-8064-113-4.
- Blanco García, Carmen (1988). "Literatura infantil e xuvenil" (PDF). Festa da Palabra Silenciada (FIGA) (5): 5–24. ISSN 1139-4854.
- —————— (1991). Literatura galega da muller. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-560-6.
- Noia Campos, María Camiño (coord.), ed. (1992). Palabra de muller. Concello de Vigo e Xerais. ISBN 84-7507-648-3.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 464. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 616–617. ISBN 84-8288-019-5.