Handbook of the Mammals of the World
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Handbook of the Mammals of the World (HMW) é unha serie de libros da editorial Lynx Edicions. Iniciada súa publicación en 2009 está previsto que conste de nove volumes. Cada familia de mamíferos é avaliada nunha introdución ampla, e inclúe fotografías e o mapa da área de distribución de cada unha das súas especies.
Este é o segundo proxecto importante e Lynx Edicions desde o lanzamento do Handbook of the Birds of the World (Manual das aves do mundo) en 1992.
Os editores principais son Russell Mittermeier e Don E. Wilson en asociación Conservation International, a Texas A&M University e a IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais. Don E. Wilson é tamén un dos dous editores da obra de referencia Mammal Species of the World.[1]
Volumes publicados
[editar | editar a fonte]- Volume 1: Carnivores (Carnívoros). Publicado en maio de 2009. Tamaño: 31 x 24 cm, 728 pp. ISBN 978-84-96553-49-1.
Iníciase cunha introdución á clase dos mamíferos por Don E. Wilson. A continuación trata as 13 familias e inclúe detalles da taxonomía, área de dispersión, hábitat, reprodución, comportamento e status de conservación de 254 especies, con máis de 400 fotografías en cor, 257 mapas de distribución e 33 láminas do artista catalán Toni Llobet.
- Volume: 2 Hoofed Mammals (Mamíferos con pezuños). Publicado en agosto de 2011. Tamaño: 31 x 24 cm, 886 pp. ISBN 978-84-96553-77-4.
Abarca 6 ordes, con 17 familias, 54 xéneros e 279 especies. Inclúe 664 fotos en cor, 433 mapas de distribución e 56 láminas de Toni Llobet.
- Volume 3: Primates. Publicado en abril de 2013. Tamaño: 31 x 24 cm, 951 pp. ISBN 978-84-96553-89-7.
Editado por Russell A. Mittermeier, Anthony B. Rylands e Don E. Wilson, trata as 17 familias dos primates, con 470 especies. Inclúe 57 láminas do artista inglés Stephen D. Nash.
- 'Volume 4: Sea Mammals (Mamíferos marmariños). Publicado en xullo de 2014. Tamaño: 31 x 24 cm, 614 pp. ISBN 978-84-96553-93-4.
Cobre 19 familias, con 147 especies. As súas 30 láminas en cor que inclúe son de Toni Llobet.
- Volume 5: Marsupials (Marsupiais). Publicado en xuño de 2015. Tamaño: 31 x 24 cm, 800 pp. ISBN 978-84-96553-99-6.
Comprende 375 especies das 21 familias que forman as 8 ordes destes animais, e inclúe 44 láminas de Toni Llobet.
- Volume 6: Lagomorphs and Rodents I (Lagomorfos e roedores I). Publicado en xullo de 2016. Tamaño: 31 x 24 cm, 988 pp. ISBN 978-84-941892-3-4.
Editado por Don E. Wilson, Thomas E. Lacher Jr. e Russell A. Mittermeier, inicialmente pretendíase publicar un único volume de lagomorfos e roedores. Pero debido ao gran número de roedores para describir, Lynx Edicions organizou unha enquisa no verán e o outono de 2015 na que a maioría dos clientes se decidiu a favor de dous volumes. Neste descríbense as dúas familias dos lagomorfos e 25 de roedores, cun total 798 especies; inclúe tamén 60 lámoinas de Toni Llobet.
Volumes pendentes de publicación
[editar | editar a fonte]- Volume 7: Rodents II (Roedores II).
- Volume 8: Insectivores (Insectívoros).
- Volume 9: Bats (Morcegos).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wilson, D. E. & D. M. Reeder, editors (2005): Mammal species of the world - A taxonomic and geographic reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Handbook of the Mammals of the World Máis información sobre a serie.
- Información en castelán