Saltar ao contido

García I de León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGarcía I de León

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento870 Editar o valor en Wikidata
Morte19 de marzo de 914 Editar o valor en Wikidata (43/44 anos)
Zamora, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturapanteón real da catedral de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de León
910 – 914
← Afonso III de OviedoOrdoño II de Galicia e León → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeNuna Muñoz Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso III de Oviedo Editar o valor en Wikidata  e Ximena Garcés Editar o valor en Wikidata
IrmánsFroila II
Ordoño II de Galicia e León Editar o valor en Wikidata
Sinatura

García I de León, nado cara ao ano 871 e finado en Zamora o 19 de xaneiro de 914, foi o primeiro rei da Galicia altomedieval[1] que instalou a súa corte na cidade de León, gobernando entre os anos 910 e 914.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Estatua de García I no Parque do Retiro

Foi o fillo primoxénito de Afonso III e de Ximena Garcés, filla do rei de Navarra. No ano 896 casou con Munia Donna (tamén citada como Mummadonna ou Mumma Donna), a filla do conde castelán Munio Muñoz. Co apoio do seu sogro, e da súa nai, a raíña, liderou unha sublevación para apartar do trono o seu pai Afonso. Fracasada a conspiración nun primeiro momento, foi feito prisioneiro. Porén, os seus partidarios conseguiron impoñerse forzando a abdicación do rei e a súa conseguinte coroación.[2]

A alta nobreza da Galiza medular opúxose a estas mudanzas. Nunha asemblea celebrada en Lugo no 7 de xuño de 910, escolleron como monarca ao seu irmán Ordoño II.[3] Ordoño estaba casado con Elvira Mendes, a filla do máis importante conde galego: Hermenexildo Goterres, antigo mordomo maior de Afonso III.

O terceiro irmán Fruela II, retivo o goberno de Oviedo e da franxa costeira cantábrica, se ben rendendo vasalaxe a Ordoño.[4]

García trasladou a capital galega[5] desde Oviedo até a cidade de León[6][7] de xeito definitivo. Con soberanía tan só na meseta leonesa, durante o seu período fortaleceu a parte oriental do reino repoblando Roa, Osma, Clunia e máis San Esteban de Gormaz.

En 914, durante unha campaña militar na Rioxa, recibiu diversas feridas a consecuencia das cales faleceu en Zamora o 19 de marzo.

Sen descendencia propia, Ordoño II ascendeu ao trono na capital leonesa.

  1. López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 228. Garcia fillo de Afonso, rei dos galegos (citando a Ibn Haián e al-Razí) 
  2. Álvarez Álvarez, César. "García I". Real Academia de la Historia (en castelán). Consultado o 2022-10-08. 
  3. Álvarez Álvarez, César. "Ordoño II". Real Academia de la Historia (en castelán). Consultado o 2022-10-05. 
  4. López Carreira (2008). p.308
  5. Conde, Jose Antonio (1844). Historia de la dominación de los árabes en España. p. 406. Medina Leionis capital de Galicia 
  6. Risco, Manuel (1784). España Sagrada. p. 429. in civitate quae vocatur Legio, territorio Gallecie 
  7. Sáez, Emilio (1969). Colección documental del Archivo de la Catedral de león (775-1230):I (785-952). Centro de Estudios e Investigación "San Isidoro". in Legione de Galletia 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Ordoño II e Elvira Mendes.
Uns reis galegos en loita contra Castela.

(Nós Diario, 22.09.2022)

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Reino de Galicia

Segue a:
Afonso III
García I de León
Precede a:
Ordoño II
Dinastía dos Ramírez (842-910)