Francisco Álvarez de Nóvoa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1873 Granada, España |
Morte | 13 de xuño de 1936 (63 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Francisco Álvarez de Nóvoa y Ferrer, nado en Granada o 11 de xuño de 1873 e finado en Ourense o 13 de xuño de 1936, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Procedente dunha familia de ascendencia galega, chegou a Ourense en 1892, onde comezou unha intensa actividade nos medios xornalísticos colaborando en La Defensa de Galicia e El Noticiero.
En 1909 marchou a Lisboa onde abriu un estudio de fotografía que trasladou, en 1910, a Río de Xaneiro, onde participou na vida social e na actividade xornalística da comunidade galega. En Buenos Aires fundou con Fortunato Cruces La Voz de Galicia (1913) e en 1915 volveu a Ourense e iniciou a súa segunda etapa xornalística dirixindo El Miño, La Voz Pública e El Diario de Orense.
A partir de 1925 abandonou a actividade relacionada coa literatura e co xornalismo debido ao veto que lle impuxo a Ditadura de Primo de Rivera ao facerlle escoller entre o seu posto de funcionario da Deputación e a práctica xornalística.
En 1906 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega.
Obras
[editar | editar a fonte]- Beira o Barbaña. Paisaxes, 1894, relatos en galego publicados en El Derecho.
- Recuerdo, 1895, monólogo teatral en castelán, con prólogo de Heraclio P. Placer.[1]
- Pé das Burgas, 1896, Biblioteca Gallega, narrativa en galego.
- La titiritera. Comedia dramática en tres actos, 1918.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Recuerdo, con prólogo de H. P. Placer.
-
Pé das Burgas, 1896.
-
Pé das Burgas é un dos volumes da BG120.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Álvarez de Nóvoa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Durán, José Antonio: "Álvarez de Nóvoa, Francisco" en Gran Enciclopedia Galega.