Saltar ao contido

Fernando V. Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando V. Arias

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Melide, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, director de orquestra, pianista, compositor Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano e trompeta Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1308779

Fernando Vázquez Arias, nado en Melide o 12 de outubro de 1957, é un compositor e director de orquestra galego. Actualmente é profesor no Conservatorio Profesional de Música da Coruña e director da Orquestra Sinfónica de Melide.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fernando Arias estudou no Conservatorio de Música da Coruña as carreiras de piano, trompeta e composición, gañando o premio de honor fin de carreira.

Entre 1986 e 1991 foi bolseiro pola Xunta de Galicia para estudar no Real Conservatorio de Música de Madrid, onde obtivo o Título Superior de Dirección de Orquestra e Coros co mestre F. García Nieto. Dende 1982 desenvolve unha intensa actividade como director e compositor.

Realizou varias producións operísticas á fronte da Coral Polifónica El Eco. Entre 1987 e 1993 dirixiu o Conservatorio de Lalín, onde creou a orquestra do mesmo e potenciou o coro e a banda municipais.

Creou o Conservatorio da súa localidade natal do cal actualmente é o seu director. En 1993 presentou a Orquestra de Cámara Melidá e en 1998 realizou unha xira á fronte da Orquestra de Cámara Melidá polos distintos auditorios de Galiza, dando pé a intervir como solistas convidados a novos músicos galegos.

Como compositor ten estreadas diversas obras para coro e orquestra sinfónica, piano só, voz e piano, e música de cámara. Destacan entre elas a Cantata do Deza, a Cantata Melidá, e unha adaptación sinfónica de dez temas populares galegos preparada por encargo da Consellería de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia.

Foi convidado a dirixir, entre outras, a Orquestra Filharmónica Nacional de Moldova, os Virtuosos de Moscova, a Camerata do Porto, a Orquestra de Cámara de Kishinev (Moldova), a Orquesta de Radio Televisión Española, Orquestra de Cámara da Coruña, Orquestra de Cámara de Pontevedra, Orquestra do Norte Portugal, Xove Orquestra Sinfónica de Lalín, Filharmonie Bohuslava Martinú (República Checa), e a Orquestra do Conservatorio Superior da Coruña.

Algúns dos seus concertos foron gravados por Televisión Española, Antena 3, Telecinco, Televisión de Galicia e diversas emisoras de radio como Radio Clásica (RNE). Ten editados varios CDs: Luminaria, O Son do Futuro, Cantata do Deza, Luna de Otoño, No bico un cantar, Antoloxía da Zarzuela, e a propia Cantata Melidá.

Cómpre salientar tamén as súas producións realizadas nos últimos anos (2000-07) á fronte da Orquestra Sinfónica de Melide, tales como A Música do Cine (2001), Catro Décadas para un Musical (2002), 1º Festival de Música no Camiño de Santiago, Antoloxía da Copla, Duos e Arias de Zarzuela, Gala Lírica (2004), Concerto de Fragmentos de Ópera (2006), Concerto Vienés (2007), Gallaecia (2008), ou o último gran proxecto ata a data, a Gala Americana (2011).

En 1997 foi nomeado director da Escola de Práctica Orquestral do IGAEM e director titular da Xove Orquestra de Galicia (XOGA), así como profesor de Composición e Instrumentación do Conservatorio Superior de Música da Coruña, ademais de asumir a dirección da orquestra deste último.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]