Fellini 8½
Fellini 8½ | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 8½ |
Director | Federico Fellini |
Produtor | Angelo Rizzoli |
Guión | Federico Fellini Ennio Flaiano Tullio Pinelli Brunello Rondi |
Intérpretes | Marcello Mastroianni Claudia Cardinale Anouk Aimée |
Música | Nino Rota |
Fotografía | Gianni Di Venanzo |
Montaxe | Leo Catozzo |
Estudio | Cineriz Francinex |
Estrea | 14 de febreiro de 1963 |
Duración | 138 minutos |
Orixe | Italia Francia |
Recadación | 3,5 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
Fellini 8½ (en italiano, 8½) é un filme franco-italiana de 1963 dirixido por Federico Fellini, con Marcello Mastroianni, Claudia Cardinale e Anouk Aimée como actores principais.
É unha das fitas máis coñecidas do realizador, e segundo varios críticos cinematográficos é un dos mellores filmes da historia.[2] Foi filmado en branco e negro, e a música foi composta por Nino Rota.
Foi emitido na TVG o 3 de agosto de 1996.[3]
Argumento
[editar | editar a fonte]O célebre director e guionista Guido Anselmi está a atravesar unha fonda crise creativa e intenta relaxarse despois do seu último filme. Non pode conseguir a tranquilidade necesaria para atopar ideas novas para o seu seguinte filme e todo o mundo parece ansioso de saber en que punto se atopa o traballo que está a preparar. Está só, quere estar só, e busca unha resposta nas visións que invaden a súa mente, as máxicas e enigmáticas palabras: "Asa-Nisi-Masa", lembranzas dunha vida, soños fantásticas e escuras imaxes dun futuro nebuloso. A chegada de Claudia, actriz e musa da súa vida, e da súa amante Carla trae novas inquedanzas en vez da serenidade e o consolo que esperaba.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Marcello Mastroianni .... Guido Anselmi
- Claudia Cardinale .... Claudia
- Anouk Aimée .... Luisa Anselmi
- Sandra Milo .... Carla
- Rossella Falk .... Rossella
- Barbara Steele .... Gloria Morin
- Madeleine LeBeau .... Madeleine, a actriz francesa
- Caterina Boratto .... muller misteriosa
- Eddra Gale .... La Saraghina
- Guido Alberti .... Pace, o diretor
- Mario Conocchia .... Conocchia, o director de produción
- Bruno Agostini .... o secretario de produción
- Cesarino Miceli Picardi .... Cesarino
Características
[editar | editar a fonte]O filme emprega unha enxeñosa estratexia para mostrar o bloqueo creativo que o propio Fellini estaría a sentir: contar a propia dificulatade de realizar un filme. É un filme metalingüístico, que usa a linguaxe do cinema para comentar o filme que as súas personaxes están a realizar.
O filme ten grandes influencias da psicanálise jungiana, da que Fellini era un entusiasta.[4] Un exemplo é o gran foco nos soños do protagonista para explicar a súa persoa e acontementos da súa infancia. O uso da fotografía en branco e negro tamén server para reforzar o concepto jungiano de sombra.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Top Rental Films of 1963", Variety, 8-1-1964, páx. 37
- ↑ En bfi.org.uk
- ↑ La Voz de Galicia, 3 de agosto de 1996. Páx. 87
- ↑ FELLINI, Federico. The Book of Dreams. Nova York, Rizzoli, 2008
- ↑ "Fellini e psicanálise". Cinemaitalianorao.blogspot.com.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 35ª edición dos Óscar
- Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Affron, Charles. 8½: Federico Fellini, Director. New Brunswick: Rutgers University Press, 1989.
- Alpert, Hollis. Fellini: A Life. Nova York: Paragon House, 1988.
- Bondanella, Peter. The Cinema of Federico Fellini. Princeton: Princeton University Press, 1992.
- Bondanella, Peter. The Films of Federico Fellini. Cambridge: Cambridge University Press, 2002.
- Fava, Claudio e Aldo Vigano. The Films of Federico Fellini. Nova York: Citadel Press, 1990.
- Fellini, Federico. Comments on Film. Ed. Giovanni Grazzini. Trans. Joseph Henry. Fresno: The Press of California State University at Fresno, 1988.
- Kezich, Tullio. Federico Fellini: His Life and Work. Nova York: Faber and Faber, 2006.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Crítica en Chicago Sun-Times Arquivado 16 de febreiro de 2013 en Wayback Machine. por Roger Ebert
- Crítica en Guardian.uk por Derek Malcolm
- Artigos en Criterion Collection por Alexander Sesonske