Saltar ao contido

Eva Wilma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEva Wilma

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1933 Editar o valor en Wikidata
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte15 de maio de 2021 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de ovario Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSão Paulo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1952 Editar o valor en Wikidata - 2019 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCarlos Zara (1979–2002), morte do cónxuxe
John Herbert (1955–1976), divorcio Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0932797 Allocine: 544085 Allmovie: p156751 Editar o valor en Wikidata
Artistas brasileiras protestando contra a ditadura militar. Na imaxe, Eva Wilma (segunda pola esquerda) xunto a Tônia Carreiro, Odete Lara, Norma Bengell e Cacilda Becker.

Eva Wilma Riefle Buckup Zarattini, nada en São Paulo o 14 de decembro de 1933 e finada o 15 de maio de 2021 foi unha actriz e bailarina brasileira. Traballou en teatro, cine e televisión. Entre os seus papeis destacados, protagonizou a serie de televisión brasileira dos anos 50 Alô, Doçura!.[1] Eva Wilma opúxose á ditadura militar brasileira e manifestouse contra a censura e a represión do réxime após o asasinato dun estudante, protagonizando unha emblemática fotografía de artistas contra a ditadura.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

O seu pai, Otto Riefle Jr, era un metalúrxico da rexión da Selva Negra de Pforzheim, preto de Stuttgart, no sur de Alemaña. Marchou a Brasil, máis precisamente á cidade de Río de Xaneiro en 1929, con 19 anos, para traballar nunha empresa metalúrxica. A nai de Eva Wilma, Luísa Carp, naceu en Bos Aires, era filla de xudeus rusos e ucraínos que emigraran a Arxentina.[3] Os pais de Eva coñecéronse na cidade de São Paulo cando o pai de Eva foi trasladado á cidade, e a súa nai, despois de vivir en Bos Aires, trasladouse a Brasil.[4]

Comezou a súa carreira como bailarina clásica aos catorce anos. Tomou clases de patinaxe sobre xeo e foi contratada para participar en Holliday On Ice, un dos maiores festivais de patinaxe sobre xeo do mundo, pero os seus pais prohibíronllo. Pronto pasou a formar parte do São Paulo Ballet, de Maria Oleneva e logo comezou a carreira como actriz de teatro. Traballou no Teatro de Arena, actuando en obras como Judas o sábado de Aleluia, Uma Mulher e Três Palhaços e Boeing-Boeing. No cine, participou en filmes como Uma Pulga na Balança, O Homem dos Papagaios, Chico Viola Não Morreu e São Paulo S/A. Na televisión, debutou en 1953 na serie Namorados de São Paulo e posteriormente protagonizou Alô, Doçura xunto a John Herbert, serie que entrou no Libro Guinness como a máis longa do país. A parella, televisiva e na vida real, tamén protagonizou telenovelas brasileiras como Comédia Carioca e Prisoneiro de um Sonho. Eva Wilma e John Herbert foron unha das parellas máis queridas da televisión brasileira nos anos 50 e 60.

Durante a ditadura militar participou na folga dos teatros, opúxose ao réxime e manifestouse contra a represión e a censura.[2] Nos inicios da ditadura (1965) actuou en São Paulo, Sociedade Anônima, escollido como o candidato do Brasil para o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa na 38ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5] Eva Wilma foi galardoada con numerosos premios na súa carreira, como o Prêmio Saci e o Molière á mellor actriz entre outros.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Estivo casada durante 23 anos co actor John Herbert,[1] co que tivo dous fillos, Vivian e John Jr., e deles cinco netos. Máis tarde casou co actor Carlos Zara, con quen non tivo fillos.

Pasamento

[editar | editar a fonte]

Eva Wilma faleceu aos 87 anos en São Paulo, o 15 de maio de 2021, no Hospital Albert Einstein, de cancro de ovario.[6]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Rol Notas
1953 Uma pulga...
1953 O Homem Dos Papagaios
1953 O Craque Elisa
1954 A Sogra
1955 Chico Viola Não Morreu
1958 O Cantor e o Milionário Laura
1960 Cidade Ameaçada Terezinha
1962 The Fifth Power Laura Leal
1963 A Ilha
1963 Murder in Rio Leila
1965 São Paulo, Sociedade Anônima Luciana
1967 Juego peligroso Lucía (capítulo "Divertimento")
1969 Topaz Rosita Gómez Non acreditada
1970 A Arte de Amar Bem Inês (capítulo "A Inconfidência de Ser Esposa")
1973-1974 Segredos de Areia Ruth / Raquel TV serie
1975 Cada um Dá o que Tem (capítulo "Cartão de Crédito")
1980 Asa Branca: Um Sonho Brasileiro Mãe de Asa Branca
1981 Ciranda de Pedra Laura Prado TV serie
1983 O Menino Arco-Íris
1987 Feliz Ano Velho Lúcia
1992 Pedra sobre Pedra Hilda Pontes TV serie
1995 História de Amor Zuleika Viana Sampaio TV serie
1997 A Indomada Maria Altiva Pedreira de Mendonça e Albuquerque 203 episodios
2002 Esperança Rosa TV serie
2004-2005 Começar de Novo Lucrécia 159 episodios
2006 Veias e Vinhos - Uma História Brasileira
2007 The Sign of the City Adélia
2007-2008 Desejo Proibido Cândida 120 episodios
2010 A Guerra dos Vizinhos Adélia
2011-2012 Fina Estampa Maria Íris Siqueira De Maciel TV serie
2015 Verdades Secretas Fábia 48 episodios
2018 O Tempo Não Para Petra Vaisánen 22 episodios, (aparición final)
  1. 1,0 1,1 "ALÔ DOÇURA! - Eva Wilma e John Herbert (TV Tupi, 1953-1964)". Consultado o 2023-05-02. 
  2. 2,0 2,1 "Eva Wilma: Atriz falou sobre foto emblemática em protesto contra ditadura". www.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2023-05-02. 
  3. "Eva Wilma, Arte e Vida" (PDF). web.archive.org; Wayback Machine. 2019-02-19. Archived from the original on 19 de febreiro de 2019. Consultado o 2023-05-02. 
  4. "Gente: notícias, fotos e vídeos de famosos, celebridades, entretenimento e mais.". iG (en portugués). Consultado o 2023-05-02. 
  5. Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
  6. "Eva Wilma morre aos 87 anos em SP". G1 (en portugués). Consultado o 2023-05-02. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]