Saltar ao contido

Eva Vilaverde Pego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEva Vilaverde Pego
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
Moraña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata

Eva Vilaverde Pego, nada en Moraña en 1977, é unha política galega do BNG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Políticas e da Administración Pública, coa especialidade en Administración Pública, pola Universidade de Santiago de Compostela (2001). Traballou como asistente técnica da Consellería do Medio Rural. Desde 2006 exerceu como administrativa na CIG e impartiu cursos de formación do FORGA. É responsable local do BNG en Moraña. Foi membro da Executiva do BNG até 2016 e dende 2017 forma parte de novo da Executiva, como Coordinadora de Acción Municipal.[1][2] Dende 2011 a 2019 foi concelleira do BNG en Moraña e deputada provincial.

No ano 2019 abandona o concello de Moraña e a deputación provincial e preséntase como número 3[3] polo BNG ás Eleccións municipais do 2019 no concello de Pontevedra nas que sae elixida.

Na actualidade exerce o cargo de concelleira delegada de Protección Cidadá e Sostemento dos Espazos Públicos Urbanos[4].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]