Saltar ao contido

Estádio do Maracanã

Estádio do Maracanã
Estádio Jornalista Mário Filho
Vista aérea do estadio do Maracanã.
Datos
Coordenadas22°54′44″S 43°13′49″O / -22.912166666667, -43.230163888889
Localización Río de Xaneiro, Brasil
Construción
Inauguración16 de xuño de 1950
Renovación2000, 2006, 2013
ArquitectoWaldir Ramos
Raphael Galvão
Miguel Feldman
Oscar Valdetaro
Pedro Paulo B. Bastos
Orlando Azevedo
Antônio Dias Carneiro
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 × 68
Capacidade78.838
PropietarioEstado de Río de Xaneiro
OperadoraNovonor e Estado do Río de Xaneiro
LocalíaFlamengo
Fluminense FC
Webhttp://www.suderj.rj.gov.br/maracana.asp
Eventos
Mundial de Fútbol Brasil 1950
Copa Confederacións Brasil 2013
Mundial de Fútbol Brasil 2014
Xogos Olímpicos de 2016
editar datos en Wikidata ]

O Estádio Jornalista Mário Filho, máis coñecido como Maracanã ("semellante a un chocallo" en tupí-guaraní, debido ao son dos paxaros que vivían por alí)[1], é un estadio de fútbol brasileiro localizado no Río de Xaneiro e inaugurado en 1950, con motivo da celebración da Copa do Mundo de fútbol daquel ano. Desde entón, o Maracanã foi palco de grandes momentos do fútbol brasileiro e mundial, como as finais do Campionato Brasileiro, do Campionato Carioca, da Copa Libertadores, da primeira Copa Mundial de Clubs da FIFA, así como doutras competicións internacionais e partidos da selección brasileira. Foi un dos locais de competición dos Xogos Panamericanos de 2007, albergando as competicións de fútbol e as cerimonias de apertura e de clausura. Tamén foi sede e albergou as cerimonias de apertura e clausura dos Xogos Olímpicos de 2016, disputados na cidade do Río de Xaneiro.

Ao longo do tempo, porén, o estadio tamén pasou a asumir carácter de espazo multiuso ao albergar outros eventos como espectáculos e partidos doutros deportes, como o voleibol. Tras diversas obras de modernización, a capacidade actual do estadio é de 78.838 espectadores, sendo o maior estadio do Brasil.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2018. Consultado o 20 de xullo de 2010.