El Scorcho
"El Scorcho" | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Weezer | |||||
do álbum Pinkerton | |||||
Lanzamento | 1996 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | setembro de 1995 - xuño de 1996 | ||||
Xénero musical | rock alternativo, emo | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 4:03 | ||||
Discográfica | DGC | ||||
Produtor(es) | Weezer | ||||
Escritor(es) | Rivers Cuomo | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"El Scorcho" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editada como primeiro sinxelo do seu segundo álbum, Pinkerton, no ano 1996 polo selo DGC Records. No seu vido musical a banda aparece tocando nun vello salón de baile dos Ánxeles, rodeado de todo tipo de luces de todo tipo que se encenden ao ritmo da música. O nome da canción supostamente procede dunha salsa picante da cadea de restaurantes Del Taco, que se chama "Del Scorcho".
O tema foi un fracaso comercial, e moitas emisoras negáronse a poñela. Esta é considerada unha das causas do fracaso inicial do álbum. Porén, en Australia fíxose moi popular e foi número 9 na lista Triple J Hottest 100. Debido a isto foi editada no recompilatorio de 1996 Triple J Hottest 100.
A canción pode ser descargada para xogar nos videoxogos Rock Band e Rock Band 2.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- UK 7" Single/UK CD #1
- "El Scorcho" – 4:03
- "You Gave Your Love to Me Softly" – 1:57
- UK CD #2
- "El Scorcho" – 4:03
- "You Gave Your Love to Me Softly" – 1:57
- "Devotion" – 3:11