El Besòs i el Maresme
Aparencia
Epónimo | Río Besòs e Marisma | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Distritos (pt) | Sant Martí | |||
Poboación | ||||
Poboación | 26.116 (2021) (20.499,22 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 127,4 ha | |||
El Besòs i el Maresme é un barrio do distrito de Sant Martí da cidade de Barcelona. Atópase na zona nordés, no límite co municipio de Sant Adrià de Besòs. O barrio creceu pola construción de vivendas durante as décadas de 1950 e 1960 para reducir o déficit destes que había na cidade.
Antigamente os terreos eran regados por canais como o da Madriguera e o da Verneda, restos dun antigo brazo do río Besòs que desembocaba no Campo da Bota. O barrio esténdese polo tramo sur da Rambla de Prim.
No barrio hai parte das instalacións do parque do Fòrum, construídas para o Fórum Universal das Culturas 2004 e está en construción o Campus Diagonal-Besòs. Estaba tamén prevista a construción dun Zoo Mariño pero o proxecto parouse en 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Besòs i el Maresme |