Editorial Gredos
Editorial Gredos | |
---|---|
Fundación | 1944 |
Fundador | Valentín García Yebra, Hipólito Escolar Sobrino, Julio Calonge, Severiano Carmona, José Oliveira Bugallo |
Industria | Cultural |
Na rede | |
http://www.rbalibros.com/gredos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Editorial Gredos é unha editorial española de carácter privado pertencente desde 2006 ao Grupo RBA[1] e con sede en Madrid, dedicándose á publicación de libros especialmente relacionados coa lexicografía, a filoloxía hispánica e o mundo grecolatino.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada en 1944[1] por Hipólito Escolar, Julio Calonge, Severiano Carmona e Valentín García Yebra coa proposición de remediar a falta de libros españois científicos e de estudo. A todos eles uniuse posteriormente José Oliveira Bugallo, achegando o necesario coñecemento do mercado editorial.
Gredos comezara a súa andaina editorial da man dos Clásicos Anotados e Bilingües, os cales descubrirían un mercado novo: o dos textos escolares latinos e gregos.
Os textos escolares permitiron a Gredos crear a Biblioteca Románica Hispánica, fundada en 1950 e dirixida por Dámaso Alonso,[2] na que publicaron as maiores autoridades do campo filolóxico e os próceres de numerosas escolas lingüísticas. A colección completouse e enriqueceu coa aparición de dúas obras cimeiras da lexicografía, o Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico de Joan Coromines e o Diccionario de uso del español de María Moliner. En 1977, creouse a Biblioteca Clásica Gredos.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1996, recibiron o Premio Nacional ó Mellor Labor Editorial Cultural por parte do Ministerio de Cultura.[1][2]
Coleccións
[editar | editar a fonte]- Biblioteca Clásica Gredos
- Manuales
- Textos Clásicos
- Biblioteca Estudios Clásicos
- Biblioteca Románica Hispánica
- Biblioteca Lope de Vega
- Escuela Lacaniana de Psicoanálisis
- Diccionarios
- Mente, Salud y Sociedad
- Grandes Obras de la Cultura
- Clásicos Universales de Gredos
- Biblioteca Grandes Pensadores
- Biblioteca Básica Gredos
- Biblioteca de la Nueva Cultura
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Collera, Virginia (31 de maio de 2006). "Gredos, fascinación por los clásicos". elpais.com (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial Cultural". cultura.gob.es (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2024.