Dover
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Inglaterra | |||
Rexións | Sudeste de Inglaterra - South East England | |||
Condado cerimonial | Kent | |||
Condado não-metropolitano (pt) | Kent (en) | |||
Distrito não-metropolitano (pt) | Dover (en) | |||
Parroquia civil en Inglaterra | Dover (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 31.022 (2011) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 12 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | CT16 e CT17 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 01304 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | dover.gov.uk | |||
Dover é unha cidade portuaria importante da Canle da Mancha no condado británico de Kent. A poboación é de 34.200 (en 1991).
Este é o punto de Gran Bretaña máis próximo a Francia e da Europa continental, estando a 34 Km do porto de Calais. Ten sona polas súas fachadas brancas feitas de xiz. As fachadas daranlle a Inglaterra o sobrenome de Albion, que quere dicir "branco".
Debido á súa proximidade coa Europa continental, o porto é un dos mellor fornecidos do Reino Unido. Máis de 2 millóns e medio de persoas [1] empregan o servizo de transbordadores cada ano, xestionado por diferentes navieiras.
Topónimo
[editar | editar a fonte]O topónimo actual inglés de Dover ten a súa orixe na voz latina Portus Dubris, de orixe disputada, probablemente britónica. O topónimo evolucionou, pasando por formas como Doverre, até o Dover actual, en uso canto menos dende comezos do século XVII.[Cómpre referencia] Da mesma orixe é o topónimo galego Dubra, que viría do plural dubra do céltico dubron (auga), ou dunha forma feminina dubra, que significaría o mesmo. Terían tamén mesma etimoloxía o río Dobra en Asturias e outros topónimos franceses (Douvres, río Douvre), ingleses, irlandeses e escoceses (Dobhar), alemáns (Tauber, antes Dubra) ou neerlandeses (Doveren)[2].
En canto á toponimia, comparte etimoloxía tamén con Dubra, en topónimos como Val do Dubra. En efecto, durante a Idade Media, en galego-portugués a localidade recibiu o nome de Dovra ou Doura.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Historia
[editar | editar a fonte]Dover foi un porto importante dende hai séculos. Os romanos foron os primeiros en deixarnos noticia da existencia da cidade, que eles denominaron Dubris. E a cidade era o punto de partida da Watling Street. Pénsase que a zona xa estaba habitada antes do período romano.
Os romanos construíron un faro no lugar onde agora se atopa o Castelo de Dover alá polo ano 50, sendo así un dos edificios máis antigos de Gran Bretaña.
O 26 de maio de 1670 Carlos II de Inglaterra e Lois XIV de Francia asinaron un tratado secreto que fixo cesar as hostilidades entre os seus dous reinos.
Economía
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ https://www.directferries.co.uk/dover_calais_ferry.htm
- ↑ Moralejo Laso 1980, p. 159
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Moralejo Laso, Abelardo (1980). Universidade de Santiago de Compostela, ed. "Notas acerca de Hidrominia Gallega". Verba: Anuario galego de filoloxía (Santiago de Compostela) (7): 157–170. ISSN 0210-377X.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dover |