Saltar ao contido

Domótica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un panel de control doméstico, capaz de controlar a iluminación, termóstato, seguridade, pechaduras e entretemento doméstico.
Un panel típico de conexións doméstico.

A domótica é a disciplina que se ocupa de estudar a tecnoloxía para mellorar a calidade de vida dos seres vivos, en contornos antropizados.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Esta disciplina naceu no curso da Terceira Revolución Industrial. O termo é un cruzamento das palabras domus (que significa "casa" en latín) e robótica (de robot, que significa escravo en checo)

Un hábitat ou edificio domótico é aquel dotado de automatismos coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas que viven nese espazo, de xeito que se reduza o traballo doméstico, aumentando a seguranza, racionalizando os diferentes consumos e optimizando os recursos. Un sistema domótico debe ter a ubicuidade suficiente no seu control, teléfono, PDA, PC, Internet etc. Por exemplo, nun edificio domótico, durante o inverno, as persianas poderían subirse automaticamente durante o día, e pola noite baixarían elas soas, aproveitando a luz e a calor solar ao longo do día, favorecendo a optimización do consumo enerxético da edificación. Isto é un exemplo básico, aínda que un bo sistema domótico debe ofrecer infinitas posibilidades de control dunha maneira sinxela.

Elementos importantes nunha instalación domótica

[editar | editar a fonte]
  • Incremento do conforto
  • Automatización do control de luces, persianas, fiestras, cortinas e enchufes.
  • Climatización automática (aalefacción e refrixeración).
  • Optimización da xestión de consumos: enerxía eléctrica, gas, recursos hídricos.
  • Uso de enerxías renovábeis (enerxía solar, enerxía xeotérmica, enerxía eólica).
  • Automatización de tarefas: rego, acendido de servizos a certas horas, en función de acontecementos etc.
  • Ubicuidade no control, tanto externo como interno, control remoto de Internet, PC, mandos sen fío (p. ex. PDA con WiFi), aparatos eléctricos.
  • Facilidade de uso (GUI, interface de usuario gráfico, aplicación).
  • Xestión do lecer.
  • Alarmas. Vixilancia anti-incendios. Temperatura. Detección de fugas de gas ou auga.
  • Control de accesos.
  • Control biométrico.
  • Control de servizos para simular a presenza de xente durante ausencias prolongadas.
  • Xestión de alarmas técnicas: corte de subministración, posibilidade de visualización remota do edificio.

Todas as ordes que se efectúan nunha casa domótica realízanse a través de diferentes sistemas:

  • IR (mando por raios infravermellos)
  • Inalámbrico
  • Teléfono

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]