David Páez Picón
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1975 (49 anos) San Juan, Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de hóckey a patíns, futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey a patíns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
David Páez Picón (Cachi) nado en San Juan de la Frontera (Arxentina) o 9 de decembro de 1975) é un xogador de hóckey a patíns arxentino. Na tempada 2011-12 xogará no Centro Valenciano da súa localidade natal. É irmán do tamén xogador de hóckey a patíns José Luis Negro Páez.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en San Juan de la Frontera (Arxentina) o 9 de decembro de 1975. Xogou no Concepción PC ata 1992, cando asinou co conxunto italiano do Roller Monza. Tres anos despois, decidiu abandonar o equipo transalpino e asina co CP Alcobendas. Finalmente, en 1997 incorporouse ao club no que gañou máis títulos na súa carreira deportiva, o FC Barcelona. Paralelamente, disputou numerosos partidos coa selección arxentina, coa que gañou o Campionato do Mundo "A" en 1999.
Ademais dos numerosos títulos a nivel de club e de selección, David Páez conta con numerosos galardóns individuais como o Premio Clarín ao mellor xogador do Campionato do Mundo "A" disputado na cidade alemá de Wuppertal en 1997, e o de xogador máis destacado do Torneo Cidade de Vigo e do Campionato do Mundo "A" do 2003.
Características
[editar | editar a fonte]Xogador moi explosivo e cun gran control do stick e da bóla, destaca principalmente pola súa capacidade goleadora.
Equipos
[editar | editar a fonte]- Concepción PC: -1992
- Roller Monza: 1992-95
- CP Alcobendas: 1995-97
- FC Barcelona: 1997-2011
- Club Centro Valenciano: 2011-
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1 Liga oficial: 1991
- 8 Copas de Europa: 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2003-04, 2004-05, 2006-07, 2007-08, 2009-10
- 1 Copa CERS: 2005-06
- 2 Copas Intercontinentais: 2006, 2008
- 8 Copas Continentais: 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08
- 13 Ligas españolas: 1997-98, 1998-99, 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2002-03, 2003-04, 2004-05, 2005-06, 2006-07, 2007-08, 2008-09, 2009-10
- 6 Copas do Rei: 2000, 2002, 2003, 2005, 2007, 2011
- 3 Supercopas españolas: 2003-04, 2004-05, 2006-07
- 3 Copas Ibéricas: 1999-00, 2000-01, 2001-02
- 1 Campionato do Mundo "A": 1999
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |