Saltar ao contido

Cowboy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe típica dun cowboy. Cadro de Charles Marion Russell (1864-1926).

Un cowboy[1] (en galego vaqueiro) é o encargado das tarefas relacionadas coa gandaría en gran parte de América do Norte, tradicionalmente a cabalo, e que moitas veces realiza outras moitas tarefas relacionadas co rancho. O histórico cowboy estadounidense de finais do século XIX xurdiu das tradicións de vaqueiros do norte de México e converteuse nunha figura de especial significado e lenda.[2] Ademais do traballo do rancho, algúns cowboys traballan ou participan en rodeos. As cowgirls, definidas como tal a finais do século XIX, tiveron un papel histórico menos documentado, pero no mundo moderno establecéronse a capacidade de traballar en tarefas practicamente idénticas e obtiveron un considerable respecto polos seus logros.[3] Tamén hai traballadores do gando en moitas outras partes do mundo, particularmente en América do Sur e Australia, que realizan un traballo semellante ó do cowboy nos seus respectivos países.

O seu estilo de vida e traballo foi herdado dos mexicanos que viviron no actual territorio texano e a súa crianza do gando introducido polos españois dende o século XVI. Foi idealizado como o protagonista de numerosas historias románticas que se inclúen no chamado xénero wéstern. A súa figura adquiriu transcendencia na segunda metade do século XIX co xurdimento das rutas gandeiras dende Texas e Chihuahua cara ó norte dos Estados Unidos despois da guerra civil, cando o transporte dos animais por terra requiría de xinetes de gran destreza e resistencia.

  1. Definición de cowboy* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Malone, J., p. 1.
  3. Cowgirl Hall of Fame website Arquivado 03 de maio de 2009 en Wayback Machine..