Corvite, Abadín
Corvite | |
---|---|
Igrexa de Corvite. | |
Concello | Abadín[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°18′00″N 7°29′00″O / 43.3, -7.48333333 |
Área | 8,15 km² |
Poboación | 77 hab. (2019) |
Densidade | 9,45 hab./km² |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Corvite é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 87 habitantes en 2015 (43 homes e 44 mulleres) segundo datos do IGE[2], cunha densidade de 10,67 hab/km². Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando tiña 89 habitantes (44 homes e 45 mulleres), e dez habitantes menos que en 2004.
As entidades son A Cabeceira (16), Os Carracedos (13), Casás (13), Chouselas (1), O Espiño do Cal (19), A Fumeira (2) e A Laxe (23). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: Cizán, Outarelo, Redemuiños, Relota e A Torre.
Ten unha superficie de 8,15 km². Limita coas parroquias de Moncelos, Baroncelle, Goás, Cabaneiro e Vilarente xunto co concello da Pastoriza. Pertence ao arciprestado de Baroncelle.
Na súa orografía destacan os montes de Sabugueiras (682 m) e Argán (585 m).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Esta parroquia, ao igual que as adxacentes é moi rica en cruceiros.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa.
-
Vista do contorno da igrexa.
-
Detalle da fachada da igrexa.
-
Fonte preto da igrexa.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Corvite
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Corvite no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
A Cabeceira | Os Carracedos | Casás | Chouselas | Cizán | O Espiño do Cal | A Fumeira | A Laxe | Outarelo | Redemuíños | Relota | A Torre |
Parroquias de Abadín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 11 de decembro de 2016.