Saltar ao contido

Conversa:Mercadotecnia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nesta páxina está marcado marketing como erróneo. O bUSCatermos https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm trata mercadotecnia e márketing (acentuado) como sinónimos cunha fiabilidade de 5 estrelas e conta que inclúen márketing como sinónimo porque figura no Dicionario castelán-galego da RAG como unha forma galega. Lles (conversa) 11 de maio de 2018 ás 12:11 (UTC)[responder]

Eliminei o aviso na páxina e acentuei márketing. Lles (conversa) 11 de maio de 2018 ás 12:19 (UTC)[responder]

Lles, hai que revisar isto, é certo que no Buscatermos pon que é sinónimo, pero pola contra, no Dicionario galego de Televisión da RAG, di que mercadotecnia é sinónimo de marketing, sen til. Non entendo como funciona isto dos anglicismos, entendo que se aceptan a palabra deberían aceptala coa grafía galega (con til) polo menos, pero parece que non. Ó mellor habería que mandar un correo ós da academia para que aclarasen isto. Non sei se Atobar, Estevoaei ou Sobreira poderían aclarar o tema e dicir o que se debe facer con este caso... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de maio de 2018 ás 13:22 (UTC)[responder]
É un anglicismo non recoñecido polo DRAG, pero ollo tampouco figura como forma incorrecta, e polo tanto a súa adaptación ao galego segue as NOMIG: Os latinismos e palabras estranxeiras de circulación corrente, aínda que non estean plenamente adaptadas ao galego, seguen as regras de acentuación enunciadas anteriormente (as do galego e así sería márketing, xa que é de circulación corrente, cando menos en determinados ámbitos). Pero tamén: As palabras estranxeiras e latinismos poden carecer do acento gráfico correspondente e manter integramente a grafía propia da lingua de que proceden cando se escriban destacadas para subliñar o seu carácter de estranxeirismos (e nese caso sería marketing).--HacheDous=0 (conversa) 11 de maio de 2018 ás 13:40 (UTC)[responder]
Iso si, a día de hoxe a única forma recoñecida polo DRAG é mercadotecnia e iso hai que telo en conta.--HacheDous=0 (conversa) 11 de maio de 2018 ás 13:43 (UTC)[responder]
O de poñer o termo sen acento e en cursivas concorda co que di o Dicionario galego de Televisión, que é do Termigal e ten o selo da RAG... Logo engado o que pon o Dicionario de dúbidas sobre este termo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de maio de 2018 ás 17:17 (UTC)[responder]